PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 24 de marzo de 2014

Moción presentada no concello de Lalín



Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín abaixo asinantes,  presentan ó Pleno para o seu debate e aprobación se procede a seguinte
MOCIÓN
No DOG núm. 113 do venres  14 de xuño de 2013, publicábase a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia na que se establece que os vehículos que prestan os servicios de taxi, urbano e interurbano, deben estar equi­pados cun aparello taxímetro debidamente precintado, homologado e verificado de acordo coas normas establecidas polo órgano competente en materia de metroloxía, co fin de determinar o prezo de cada servizo.
Esta mesma lei dispón que nos concellos de mais de 20.000 habitantes, como é o caso de Lalín, este requisito deberase cumprir polos propietarios do taxis no prazo dun ano a partir da entrada en vigor da lei, o que implica que a partir do luns 15 de xullo do presente ano de 2014 todos os taxistas do concello de Lalín deberán ter instalado este dispositivo, tipificando ademais como infracción moi grave a carencia deste dispositivo.
Os concelleiros que subscriben consideran moi axeitada e incluso imprescindible a obrigatoriedade da súa instalación nas cidades e incluso naqueles concellos de mais de 20.000 habitantes nos que concorran circunstancias tales como o carácter eminentemente turístico do municipio, o sensible incremento estacional da súa poboación ou a simple petición da maioría dos titulares de licenza de taxi existentes no municipio, pero de modo algún a consideran oportuna nun concello das características de Lalín, nas que non se dan ningunha das circunstancias anteriores, nin moito menos a petición dos taxistas do municipio, que precisamente remitiron un escrito dirixido á consellería solicitando a non obrigatoriedade da instalación do taxímetro.
Cas circunstancias que concorren respecto deste tema no concello de Lalín, e por suposto co engadido da crise que afecta a todos os sectores,  non parece moi acertado nin moi xusto que os titulares de taxis no término municipal de Lalín se vexan na obriga de ter que facer unha inversión próxima ós 2000€ para cumprir o disposto na citada lei, obriga da que están eximidos por exemplo ós concellos de menos de 10.000 habitantes.

 Por todo o exposto, proponse ó pleno a adopción do seguinte ACORDO:

O Pleno do concello insta da Xunta de Galicia  a exención da obrigatoriedade da instalación do taxímetro nos concellos con tipoloxía similar á de Lalín, ben sexa a través dunha modificación da Lei 4/2013 antes citada, da súa contemplación  na normativa que a desenvolva, ou mediante calquera outro mecanismo legal aplicable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario