PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 23 de marzo de 2014

OS SOCIALISTAS ESIXEN DE FORMA INMEDIATA O ACCESO AO ESCRITO ENVIADO Á FISCALÍA NO ASUNTO DO TÉCNICO DE URBANISMO




-        “Estamos estudiando novos datos que poden revelar que o equipo de Goberno era coñecedor deste asunto hai anos” afirma Cristóbal Fernández.
-        “Xa vai sendo hora que Crespo e Román Rodríguez digan a verdade de todo o que sabían deste asunto” reclama González Aller.

 Os socialistas lalinenses van presentar por rexistro unha reclamación para acceder de forma inmediata ,no mínimo prazo de tempo ao escrito que o Concello de Lalín lle remitíu a Fiscalía onde se detallarían todas as irregularidades detectadas polo sunto das incompatibilidades dun técnico municipal de Urbanismo.

 Cristóbal Fernández afirma que “xa chegou de escurantismo neste tema, queremos o informe xa” e precisa que “queremos saber a valoración que fan os que levaron este expediente e coñecer exactamente cales foron os asuntos que levaron aos funcionarios municipais a decidir que o técnico puidera incurrir en actividades presuntamente delictivas”.

 Ademais reclaman aos reponsables políticos no Concello que “non se escuden simplemente nas responsabilidades do técnico pois cada vez tems mais evidencias de que coñecían perfectamente a situación que se levaba dando no Concello dende hai anos” e afirman que “estamos vendo documentación  que evidencia novos datos de que Crespo e os seus concelleiros eran coñecedores do que pasaba dende hai moito tempo”.

 Por outra banda reclaman a Crespo “que empece a esixir responsabilidades políticas no seu equipo pois é moi posible que en breve a situación se lles volva insostible” e apuntan directamente ao concelleiro responsable de Urbanismo “que non debe ter nin idea do que pasa no seu departamento pois arruinaron o Parking e non sabe nada e agora está moi caladiño o Sr parlamentario Román Rodríuguez”

No hay comentarios:

Publicar un comentario