PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

sábado, 1 de marzo de 2014

Preguntas presentadas no pleno



1.-PREGUNTAS QUE FORMULAN OS CONCELLEIROS ABAIXO ASINANTES EN RELACIÓN COA ELABORACIÓN DO CARTEL DO COCIDO.
Descoñecendo os que subscriben cando e como se encargou, o pasado 14 de decembro tivo lugar en Lalín a presentación do cartel oficial da edición número 46 da Feira do Cocido no que participaron a súa “autora” Pilar Taboada, o concelleiro de turismo e o propio Alcalde. En todo momento se presenta como autora do cartel a dita artista local que é quen a asina, a propia artista comenta a obra sen a mais mínima referencia á participación de segundas ou terceiras persoas,  e o propio Alcalde eloxia publicamente –segundo recolle a prensa textualmente- “a capacidade creativa e plural  de Taboada” .
O día 1 de febrero a asociación cultural o Naranxo demostra públicamente que as  imaxes dos porcos utilizados na elaboración do cartel son idénticos ós dun ilustrador norteamericano, o que como mínimo, e xa sen entrar sequera en consideracións de plaxio, dinamita a orixinalidade dunha obra que teóricamente era o fruto da capacidade creativa e plural dunha artista local. 
Pero a maior sorpresa estaba por chegar, pois ó día seguinte enterámonos pola propia artista (que forzada polos acontecementos vese na obriga de dar unha rolda de prensa para  intentar desmentir a existencia de plaxio) de que a encargada da elaboración do cartel foi “una colaboradora suya, artista y diseñadora gráfica de profesión”.
En consecuencia a historia do cartel deste ano resúmese no seguinte: alguén do concello –non dubidamos de que o propio alcalde- encarga a unha artista local a elaboración do cartel do cocido, dita artista asina o cartel, pero logo resulta que a súa elaboración “subcontrátase” a unha segunda persoa, e a cousa aínda non queda así, pois practicamente todas as imaxes que aparecen na obra son dunha terceira persoa. ¿E que dixo o Grupo de Goberno, o concelleiro de turismo ou o alcalde de todo isto que, mírese por onde se mire e tendo en conta sobre todo que se ocultou todo isto na presentación do cartel (momento oportuno para explicar como e por quen se elaborou),  é unha tomadura de pelo, un engano e un fraude?, pois o de sempre en casos similares: silencio sepulcral.

Por todo o exposto, formúlanse ó Sr. Alcalde as seguintes preguntas:

1ª.-¿Que persoa, persoas ou órgano competente do concello encargou a elaboración do cartel do cocido da presente edición?.
2ª.-Pagouse ou vai a pagarse algo pola elaboración do cartel?- En caso afirmativo, ¿Qué cantidade total?.
3ª.Despois de todo o que se puxo en evidencia sobre a elaboración do cartel, ¿É consciente esa alcaldía do ridículo que fixo na súa presentación eloxiando a creatividade e a orixinalidade da súa “autora”. ¿Vai a adoptar algún tipo de medida?
4ª. ¿Vai a asumir alguén as responsabilidades dun ridículo deste calibre?.
5ª.¿Vai a seguir no futuro elixindo a dedo a persoa encargada da elaboración dos carteis do cocido?.



Asdo.: Manuel González Aller             Asdo.: J.A.Cristóbal Fernández Vázquez  

No hay comentarios:

Publicar un comentario