-
“Agora decatouse de que a xestión pública é
mellor que a privada para os bens municipais,canto derrochou para iso?” afirma
González Aller.
-
Os socialistas consideran que o alcalde non
sabe qué facer para arranxar os pufos do Lalín Arena
Os socialistas lalinenses saíron hoxe
ao paso tras as declaracións do alcalde José Crespo nas que afirmaba que “o
Lalín Arena funciona mellor con xestión pública que coa privada”. Para González
Aller trátase dunha nova tomadura de pelo do rexedor pois “os socialistas
defendemos dende hai anos que o multiusos que se fixera en Lalín debería ser
público pero o alcalde prefieru tirar cos nosos cartos”
“Benvido ao socialismo e a defensa do público
Sr. Crespo” ironizou González Aller, tras coñecer esas declaracións que
demostran “que é lamentable ter un rexedor que non sabe nin o que quere e
despilfarra sen sentido os cartos dos cidadáns como se fixo co Arena. “Que é
mellor a xestión pública vímolo dicindo os socialistas dende hai anos pero o
alcalde quixo privatizar a toda costas o Arena, que explique cales eran os seus
intereses reais para meternos nese pufo” e continúa “que durante anos houbo que
escoitalo botar pestes contra a xestión pública e agora “quién te ha visto y
quién te ve Pepe”.O certo é que estamos ante un alcalde sen rumbo que un día dí
unha cousa e ao seguinte a contraria, actitude daqueles políticos sen ningún
tipo de escrúpulos”
Para González Aller todo o cúmulo de
desperfectos e daños estruturais que ten o Arena son “a marca da casa, a marca
de Crespo , experto en chapuzas e sobreprezos cos cartos dos cidadáns de Lalín”
e inciden en que “vimos denunciando estes desperfectos e todos os extraños
procesos de avais ,contraavais, prazos rematados, cubertas novas e desfeitas
dende hai anos, é unha pena que os outros grupos políticos do Concello non se
sumen a estas denuncias, pero alguén ten que traballar na oposición, aínda que
sexa asumindo custes”.
Finalmente ante a proposta de Crespo de
aumentar as taxas do Lalin Arena aos non empadroados González Aller cre que
“está desesperado pois reocñece implicitamente que o Arena vai ter déficit e os
lalinenses teremos que asumilo” ademais de “mostrarse antipático para o resto
dos veciños da comarca que están censados en Lalín e puidera provocarse un
efecto indesexable no censo lalinense”. “
No hay comentarios:
Publicar un comentario