- “Non se pode prexudicar e discriminar aos deportistas por intereses políticos” denuncia González Aller.
- Afirman que tamén teñen noticias de limitacións á práctica dos atletas da Escola de Atletismo
- Lamentan que Varela saque peito polas subvencións “cando son de menor cuantía que hai tan so 4 anos”
Os
socialistas lalinenses lamentaron hoxe a nefasta e discriminatoria
xestión que das instalacións deportivas municipais e concretamente
do estadio M.A. Cortizo fai o Concello de Lalín.
O
voceiro socialista Manuel González Aller manifestou que “volven as
andadas, non teñen nin idea de como se leva unha instalación
deportiva e o concelleiro Varela demostra ter moi pouco sentido e
moverse so polos intereses políticos do seu xefe e non polos
deportistas”
Segundo
o voceiro socialista o problema non está “nin no campo, nin no C.D
Lalín nin na Escola de Futbol, o problema é que o domingo ven o
Ribadumia e con él é posible que veña algún ´espectador especial
con cargo relevante´desa vila e parece que teñen medo que se
estropee o campo” denuncia González Aller quen lamenta “que a
estas alturas o caciquismo do PP afecte así aos deportistas que so
se moven polo deporte e a súa vila”
González
Aller tamén sinalou que “o Concello de Lalín debe promover o
diálogo e non enfrontamentos entre os clubes pero está visto que
non teñen habilidade” e sinala que “xa vai sendo hora de que se
respecte a un clube histórico para Lalín ,con 26 anos de historia
polo que pasaron centos de mozos e mozas e que hoxe mantén cerca do
centenar de fichas”
Ademais
os socialistas afirman ter tamén coñecemento de limitacións para a
práctica deportiva que afectan tamén a Escola de Atletismo Deza e
lamentan “que se os clubes traballan e os deportistas se
sacrifican, o que hai que facer é abrir as portas das nstalacións e
que todos teñan o seu espazo pois hai que lembrar que o Cortizo é
de todos os lalinenses,non de ningún clube nin dos políticos de
turno”
Por
outra banda os socialistas lamentan o patético papel de Varela que
defende o indefendible e saca peito polas subvencións a clubes
“cando aínda hoxe son menores que hai tan so 4 anos, debería
enterarse ben de onde está e saber o que había antes” sinala
González Aller que afirma “que eles mesmos foron os que as
reduciron á mínima expresión e fixeron afogar aos clubes, mentras
os clubes de Lalín levan as migallas Gaia marchou da vila con 8M de
euros e hipotecou parte do potencial do deporte local por décadas”.
“Se o deporte funciona en Lalín é polo traballo abnegado dos que
cada día se sacrifican polos deportistas nos clubes e non por a
pésima política deportiva do Concello de Lalín”
No hay comentarios:
Publicar un comentario