·
Laméntanse de non ter constancia do tempo que o
vial vai permanecer pechado e temen que as tarefas se prolonguen durante varias
semanas.
·
González Casares, que manterá visitas informativas
cos afectados, considera “lamentable” que dende o Concello non se conte coa
xente para efectuar uns traballos de semellante calado.
Onte pechouse a rúa principal á circulación
para reparar os estragos que a canalización do gas causou na céntrica travesía
lalinenese. Pero a pesar de non levar nin 48 horas inhabilitada, veciños e
comerciantes xa denunciaron a falta de planificación e de información por parte
do Concello en canto ás obras. A Agrupación Municipal Socialista de Lalín
fíxose está mañá eco de varias queixas que sinalaban ao Goberno Local como
culpable de non contar cos veciños nin cos comerciantes da zona para acometer
unhas obras obrigadas tras efectuarse unha canalización innecesaria e que, a día de hoxe, non se sabe o que van durar.
“Péchannos a rúa dun día para outro, sen
informarnos coa debida antelación e non
nos din o que van facer. Pero o que é peor é que non temos nin idea do tempo
que imos estar nesta situación”, sinalaba hoxe un hosteleiro do lugar, que
consideraba inexplicable que o Concello non mantivera ningún tipo de reunión ou
contacto cos veciños da zona para explicarlles o proceso e a duración dos
traballos. Ante a desinformación e a inexistencia de calquera atisvo de
plantexamento planificado pola Corporación Municipal, varios habitantes da Rúa
Principal e tamén numerosos responsables de comercios optaron por preguntarlles
directamente aos propios obreiros que actuacións ían acometer e canto tempo ía
permanecer a calzada pechada. Segundo indicaron, a resposta dos operarios foi
que se trataba duns traballos complexos, consistentes na extracción e
reposición do cemento, logo será necesario esperar a que calle e por último
pulilo, polo que calculan que como mínimo, a Rúa Principal permanecerá
intransitable unhas dúas semanas, aínda que houbo quen dixo que podían ser
incluso 20 días ou un mes. Un período de tempo inadmisible para a veciñanza e
os empresarios do lugar.
“As obras son necesarias, pero
polo menos que se informe debidamente á xente e que non cheguen aquí e corten a
rúa sen máis e non nos digan absolutamente nada” lamentábase hoxe outro
transeunte que, ao mesmo tempo, invitaba a comprobar o pouca actividade que
había na rúa. Un feito que sen lugar a dúbidas vai motivar perdas nos locais da
zona. Outro dos problemas que se contempla son as serias dificultades coas que
os proveedores se atopan para poder levar produtos aos establecementos, xa que
teñen que estacionar lonxe e, en moitas ocasións, non son capaces de
transportar correctamente a mercadoría.
![]() |
|
Dende o Partido Socialista
de Lalín, o candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares mostrouse totalmente
comprensivo cos cidadáns e criticou a actitude do Concello e, en especial, a dos
edís de Comercio, María Xosé Batán e de Urbanismo, Camilo González “por non
contar coa xente, considerando “lamentable que non se informe debidamente aos
afectados, coa suficiente antelación e sobre o tempo estimado dos traballos que, segundo
estamos comprobando, van durar moito”. O socialista tamén sinalou que
era inviable manter a rúa pechada 15 días e que de ser necesario se executasen as obras en doble
turno, para rematalas canto antes.
Debido á falta de información e ás molestias
que se están a causar na zona polas obras da Rúa Principal, Nicolás González
Casares acudirá ao lugar, xunto con representantes da candidatura socialista,
para informar aos veciños e comerciantes e ver de primeira man como lles están
a afectar as obras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario