PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 17 de abril de 2015

OS SOCIALISTAS TACHAS DE OPORTUNISTA A REUNIÓN DE FERNÁNDEZ COA DIRECTORA XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA


  • Consideran que o edil ten que dedicarse a buscar solucións e non a actuar á vez “como goberno, sindicato e oposición”.
  • O PSOE esíxelle á Xunta que cambie a sua decisión de ter como referencia os cultivos de primevera-verán para optar ao pago verde da PAC.



O edil de Medio Rural, Manuel Fernández, acaba de anunciar que manterá unha xuntanza coa Directora Xeral de Produción Agrupecuaria, Patricia Ulloa, para defender que os novos pagos da PAC en Galicia se fagan en función aos cultivos de outono-inverno e non aos de verán tal e como pretende dende a administración autonómica o seu propio partido. O Partido Socialista de Lalín considera que con esta reunión, “o concelleiro fai gala dun flagrante oportunismo, pois o PSOE de Galicia e tamén sindicatos como Unións Agrarias levan moito tempo loitando para que a Xunta cambie de parecer”. “Manuel Fernández pertence ao goberno e, o goberno, ten que aportar solucións e non actuar ao mesmo tempo como sindicato e oposición” sinalan dende o Partido Socialista. Asimesmo acusaron a Crespo de “falta de responsabilidade co sector agrario” e de non involucrarse cos gandeiros, “manténdoos totalmente ao marxe a pesar da difícil situación que atravesan”.



O PSOE considera que a Xunta non ten máis remedio que dar marcha atrás na sua decisión de ter como referencia os cultivos de verán para optar ás axudas do pago verde, pois aseguran que esta proposta “é unha burrada e suporá grandes perdas para os gandeiros do concello”. Tal e como explicou días atrás o deputado socialista e portavoz do grupo en agricultura, Pablo García, esta época coincide co cultivo do millo para a alimnentación do gando vacún. Isto impediría que as explotacións lácteas que teñen como base da alimentación a alternancia de millo con pradeira e pasto, seguiran estando suxeitas aos condicionantes xerais que se impoñen para o cobro do pago verde. Polo tanto, isto obrigaría ás explotacións a un cambio no manexo dos cultivos ou a unha limitación no producción de millo para poder optar a este tipo de axuda.

A Agrupación Socialista de Lalín non descarta levar unha moción ao pleno municipal con este tema de non cambiar a Xunta a súa “incomprensible” decisión inicial, que perxudicaría gravemente aos produtores lácteos do concello.




No hay comentarios:

Publicar un comentario