·
González
Casares considera “unha vergoña manter esta congostra no centro da vila” e
propón a súa humanización acometendo canalizacións, reposicións de firme e
instalando adecuados sistemas de iluminación.
·
O
proxecto tamén contempla a apertura dun paso entre o rueiro e a Praza da Vila.
O Partido
Socialista de Lalín acaba de formalizar unha nova proposta urbanística. Trátase
do adecentamento do calello que vai dende a Rúa Luís González Taboada ata a
Praza da Igrexa. A humanización deste rueiro, coñecido popularmente como a
congostra de Lalín, é unha das demandas
urbanísticas que a Agrupación Socialista de Lalín máis leva perseguido sen que,
polo momento, se conseguiran actuacióbns
por parte do Concello.
“É unha vergoña
que exista un calello destas características en pleno centro de Lalín. O
Goberno Local segue a preocuparse por outras cousas pero é inadmisible manter
unha congostra así nesta zona”, dixo o candidato á alcaldía Nicolás González
Casares en referencia ás deplorables condicións nas que se atopa o espazo, cun
firme a base de escombros soltos e repleto de maleza. Por este motivo, os
socialistas propoñen chegar a acordos cos veciños do lugar para efectuar un completo adecentamento e aproveitamento da
calzada.
O proxecto de
urbanización e humanización exposto por
González Casares terá como piares fundamentais o acondicionamento da zona
mediante a canalización adecuada de augas, a
dotación dun firme axeitado e a fixación duns sistemas de iluminación
apropiados, “para que entre outras cousas, deixe de ser un foco de
insalubridade”, sinalou o candidato socialista. Por outro lado, o plan tamén recolle a posible apertura dun
paso que una o calello coa Praza da Vila. Como destacou Gonzalez Casares,
“deste xeito posibilitaríase ademais o acceso directo dende a Rúa Joaquín
Loriga ata a Praza da Vila, a través das
galerías internas que xa hai construidas”. Este novo acceso melloraría
claramente as comunicacións internas no centro urbán e, así mesmo, dotaría aos locais
ubicados no lugar dun entorno acondicionado que repercutiría en maiores
oportunidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario