PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 27 de abril de 2015

OS SOCIALISTAS DE LALÍN PROPOÑEN INSTALAR BEIRARRÚAS NA AVENIDA XOSÉ CUÍÑA





·        A falta de andéns nesta zona supón un claro perigo para os viandantes, que xa teñen dununciado a situación.
·        González Casares  tamén considera necesario humanizar o treito porque “na actualidade está  completamente integrado no casco urbán e non pode permanecer nestas condicións”.

O Partido Socialista de Lalín acaba de pór sobre a mesa unha nova  proposta no ámbito do urbanismo municipal. O candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares, propón humanizar a Avenida Xosé Cuíña mediante a colocacióon de beirarrúas ao  longo da travesía.

 Na actualidade, unicamente contan con andéns dous pequenos tramos da rúa. O primeiro na zona edificada ao lado da rotonda da carretera que vai a Vila de Cruces e a segunda, -só uns poucos metros-, fronte ao consistorio.  Isto vén motivando dende tempo atrás  queixas por parte de varios veciños  que, entre outros aspectos, consideran que a falta de beiravías nesta estrada, unha das máis transitadas do casco urbán, constitue un verdadeiro perigo. Deste xeito, a proposta dos socialistas consiste na disposición de beirarrúas en ambas marxes da calzada no treito que vai dende a rotonda anteriormente mencionada, coñecida popularmente como a da “Folla de Bacalao”, ata a glorieta da intersección entre as rúas Romón Aller, Donramiro e Avenida de Madrid.

 Nicolás González Casares considera que son dous os motivos principais polos que se deben acometer as referidas tarefas de humanización. En primeiro lugar o candidato socialista sinalou a seguridade vial  como unhas das causas de maior envergadura. A Avenida Xosé Cuíña é frecuentemente transitada por peóns que  teñen nesa zona a súa residencia, por persoas que acoden ao centro comercial ubicado nas inmediacións ou se desprazan a pé ao Lalín Arena. Todos estes cidadáns teñen que buscar rutas alternativas ou camiñar por un arcén que en varias partes non alcanza nin sequera o metro de anchura. Isto, sumado a que se trata dunha estrada moi transitada por vehículos que circulan a velocidades considerables, pode constituír un serio perigo para os viandantes.

 Por outro lado, González  Casares apuntou ao equilibrio urbanístico como factor polo cal é  necesario colocar beiravías na avenida. Neste senso o socialista salientou que “se trata dunha zona de Lalín que  hoxe en día se atopa totalmente  integrada no entramado urbán, polo que é necesario humanizala e adecuala aos actuais usos que déla fai a cidadania”. Dentro do proxecto proposto polo Partido Socialista de  Lalín tamén se establece a posible colocación de máis pasos de peóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario