·
As persoas con discapacidade psíquica contarían con entre o 5 e o 10% dos postos, dependendo do número
prazas ofertadas.
·
González Casares destacou a “inmensa labor social”
desenvolvida por Aspadeza na súa visita ás instalacións do colectivo.
O
candidato do Partido Socialista á alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares,
visitou hoxe as instalacións do colectivo Aspadeza (Asociación de Pais de
Discapacitados Psíquicos do Deza),
ubicadas na localidade lalinense de Mouriscade. O socialista aproveitou a xuntanza
con membros da directiva do organismo para presentar “unha das propostas de
inclusión social nas que o partido máis está traballando nos últimos tempos,
conscientes como somos do aumento que experimentou a desigualdade e a exclusión no Concello”, explicou. A
medida de inclusión social relacionada
coa discapacidade mental, consiste na reserva de prazas para este tipo de
persoas en todos os procesos de selección pública de traballadores, sexan plans
de emprego municipais, obradoiros ou oposicións. Segundo explicou González
Casares, “todos os procesos de contratación contarán nas súas bases, dependendo
dos postos que se oferten, con entre un 5 e un 10% das prazas reservadas para
discapacitados psíquicos”.
Asimesmo o candidato do PSOE explicou que o Concello
contaría con persoas discapacitadas para realizar traballos ao longo de todo o
ano, adaptados ás capacidades de cada un. O tamén Secretario Xeral dos
socialistas de Lalín destacou neste aspecto que “os plans de inclusión laboral
para discapacitados psíquicos serven
tamén para darlle visibilidade a este
tipo de persoas, así como facer que elas mesmas adquiran responsabilidades e se
sintan valoradas”.
Por outro lado, o candidato socialista nas próximas eleccións municipais salientou
“a inmensa labor que Aspadeza está desenvolvendo nestes anos, axudando a moitas
familias e a moitas persoas”. Neste sentido falou da necesidade de seguir
dotando de axuda a este tipo de colectivos para que poidan dar servizo ao maior número de usuarios posible”.
Nicolás González Casares agradeceu o bo trato recibido por
parte do colectivo na visita ás instalacións de Aspadeza, onde puido comprobar
de primeira man, xunto coa compañeira de partido Celia Alonso, “o bo ambiente que
se respira e o ben que están todos os
beneficiarios do centro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario