PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 20 de abril de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA PROPÓN A COLOCACIÓN DE BOLARDOS DESPLEGABLES NA RÚA COLÓN E NA PRAZA DA IGREXA



·        Os dispositivos, que funcionarían cun mando, permanecerían baixados de luns a venres en horario comercial e desplegados fóra deste horario.
·        González Casares alerta das continuas queixas de pais polo paso de vehículos que poñen en risco a seguridade dos nenos e acusa ao Concello de non actuar ante esta situación.

 O pasado sábado celebrouse no entorno da Praza da Igrexa un acto lúdico sobre a ciencia no que participaron, sobre todo, moitos nenos e nenas. O acontecemento servíu para deixar evidencia do o mal uso que moitos conductores fan a cotío das zonas peatonais do centro da vila, xa que o Partido Socialista de Lalín recibíu queixas de varios pais de cativos que acudiron á celebración, debido ao continuado paso de vehículos polo lugar  que, segundo indicaron, chegaron a pór en perigo aos máis pequenos que alí se atopaban. Por este motivo, o PSOE de Lalín propón a colocación de bolardos desplegables na rúa Colón e na Praza da Igrexa que impidan o circulación indebida de automóbiles.

 Tal e como explicou o candidato á  alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, estes dispositivos permanecerían baixados durante os horarios  comerciais, de luns a venres e manteríanse activos fóra destes horarios e durante a fin de semana. Os bolardos extensibles  funcionarían con mandos  que estarían dispoñibles en cantidades suficientes para os  cidadáns que teñan acceso a garaxes así como para os comerciantes das  zonas, os seus proveedores e os taxistas.

 González Casares recordou as constantes queixas de pais de nenos que, aproveitando a peatonalidade dos entornos da Praza da Igrexa e  da rúa Colón, acoden a estas zonas a xogar. “Estase poñendo en grave risco aos nenos. Os pais estanse queixando continuamente e o Concello é consciente e non fai nada”,  dixo o candidato do Partido Socialista. Asimemso González Casaeres asegurou que o Concello xa adquiríu hai máis de 5  anos uns volardos que nunca se colocaron e pregúntase cal é  o motivo de que isto non se  fixera e se aínda permanecen en dependencias municipais, ou se pola contra, xa se desfixeron deles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario