·
Lalín
é un dos concellos de Galicia e de España cunha maior proporción de vivenda
deshabitada.
·
Crearase
unha bolsa inicial de 10 vivendas para compartir entre mozos e mozas con
alugueres que non superen nunca os 100 euros por persoa.
·
Os
propietarios de cada inmoble terán descontos no pago de taxas relacionadas coa
vivenda.
O Partido
Socialista de Lalín vai perfilando o seu programa electoral de cara aos
próximos comicios. Dentro do proxecto socialista, as políticas de xuventude
terán unha importancia especial. Así, unha das propostas máis ambiciosas
presentadas polo candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares neste ámbito,
será o plan de vivenda e mocidade a través do que se prentende fomentar a
emancipación da xente nova, mediante a posta en marcha de bolsas de alugueiro.
González Casares,
recordou que Lalín é un dos concellos de España e de Galicia cunha proporción
máis alta de vivendas sen utilizar. Por este motivo, considera que “non é
tolerable manter a dúas xeracións sen
oportunidades accesibles de emancipación, mentras o 30% das casas permanecen
valeiras” e propón “facilitar que as vivendas saian ao mercado de aluguer para
a xente nova a prezos razoables”.
Sengundo explicou
o tamén Seceretario Xeral dos socialistas de Lalín, o proxecto consistirá na
creación dunha bolsa inicial de
alugueiro de 10 vivendas compartidas para mozos e mozas de ata 35 anos, sen que
o prezo a pagar por cada inquilino
supere nunca os 100 euros. Así mesmo, o
Concello actuará de mediador entre inmobiliarias e propietarios e farase fiador
dos mozos e mozas inquilinos durante o primeiro ano.
Por outro lado, o propietario de cada vivenda
alugada contará con certas vantaxes, como por exemplo, descontos en taxas
relacionadas con dita vivenda. Ademais, para
incentivar o poboamento das aldeas e fixar poboación nos núcleos rurais, darase
a posibilidade de alugar casas neste entorno. Tras a posta
en marcha da iniciativa, valorarase o seu éxito mantemento
ou ampliación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario