·
Os socialistas pretenden con estas e outras medidas facer de Lalín un
concello atractivo para a xuventude.
A xuventude é unha das principais apostas do
Partido Socialista de Lalín de cara ás próximas eleccións municipais. A
Agrupación Local está deseñando un
proxecto xuvenil adaptado á mocidade do concello. Un proxecto que busca
facer de Lalín un municipio atractivo
para a xente nova en todos os aspectos, tanto no referente ao ocio ou forma de
vida como á formación, que é o que neste caso nos atinxe. Así, no Programa
Municipal Xuventude Lalín 2015-2019, dentro do apartado Xuventude e Formación,
o Partido Socialista proporá, entre
outras medidas, a posta en marcha de
axudas para estudar idiomas no extranxeiro e a organización de viaxes de
tipo cultural para mozos e mozas.
As bolsas municipais para estudar idiomas no
extranxeiro serán de carácter anual e servirán para que os seus beneficiarios
amplien a formación lingüística noutros países a través de programas regrados.
O diñeiro ofrecido polo Concello estará destinado a aboar gastos de
matriculación e derivados da viaxe. Para opatar a este tipo de becas terán
preferencia aqueles mozos e mozas de menos de 26 anos que cursen estudos na
Escola Oficial de Idiomas.
Por outro lado, o Concello organizará viaxes a
prezo reducido con contido principalmente cultural. Para acudir tamén terán
prioridade as persoas menores de 26
anos, aínda que de sobrar prazas se podería ampliar ao resto de cidadáns. Cada
ano prepararase un programa coas viaxes organizadas que se efectuarán tanto a nivel galego, como
nacional e mesmo haberá unha a nivel internacional cada ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario