·
González
Casares propuxo a posta en marcha dun programa anual de actividades
extraescolares coordinado polo Concello.
·
A
creación dun consello escolar municipal e dun banco de libros, así como o novo
Laxeiro, foron aoutras das cuestións analizadas.
O candidato do Partido Socialista nas
próximas eleccións municipais, Nicolás González Casares, mantivo o luns unha
reunión con Miguel Muñoz e Nieves Garra, da Asociacións de Nais e Pais do IES
Laxeiro. Trátase dun colectivo cunha grande inmplicación na actividade do
centro, sendo ademais, a única ANPA que existe en lalín dun instituto de
secundaria. Tanto os membros da ANPA que asistiron á xunta, como González
Casares, coincidiron en reinvindicar un “aumento da implicación do Concello”
nos asusntos que atinxen á educación e aos centros educativos, salientando a
“falta de comunicación e o pouco que dende a administración local se conta coas
ANPA”.
Outro
dos asuntos que se trataron ao longo da reunión foi o da creación dun consello
escolar a nivel municipal. Neste punto tamén coíncidiron ambas partes,
considerando que é necesaria a súa pronta posta en funcionamento. González
Casares recordou que a creación deste organismo que aglutinaría a pais, nais,
profesorado, alumnado e administración, é unha das propostas educativas que o
PSdeG leva solicitando nos últimos anos, sen que, polo momento, se conseguise a
súa creación. Asimesmo, o candidato socialista apoiou a creación dun banco de
libros a nivel municipal ou incluso comarcal, debido a que en Lalín estudan
alumnos vidos de distintos concellos da comarca, que non poden ser
discriminados por motivos de procendencia, como ten sucedido noutras cuestións,
por exemplo, en excursións subvencionadas polo concello de Lalín ás que a mozos
doutros concellos non se lles permitíu acudir.
Por
outra parte, na xunta falouse da posible creación dun novo Laxeiro. Neste
sentido sinalouse que, de levarse a cabo dito proxecto, sería necesario
emplazalo nun lugar axeitado, non lonxe do casco urbán, así como construilo cun
evidente maior espazo físico, “non como se fixo no novo Manuel Rivero, que
segue tendo problemas de espazo”.
González Casares tamén propuxo un programa
anual de actvidades extraescolares coordinadas polo Concello “que estimulen ao
alumnado e que mesmo sexan recoñecidas cun título”. Falouse, por exemplo, de
clases de robótica, novas tecnoloxías ou arte. Asimesmo, outras cuestións que
se trataron ao longo da reunión foron a falta de espazo e a masificación nas
aulas do Laxeiro, a necesidade dunha biblioteca maior no centro, a adecuación
de espazos públicos fóra dos institutos para reunións de asociacións de pais e
nais de alumnos, a apertura dos patios dos centros fóra de horario escolar para
realizar actividades deportivas, ou o aumento nos últimos anos das conductas machistas
entre o alumnado de secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario