·
As familias do concello en situación
desfavorecida, ou con problemas de vivenda, terán prioridade á hora de recibir as axudas.
O Partido Socialista de Lalín vai perfilando o
seu programa electoral de cara ás
próximas eleccións municipais de maneira acorde ás necesidades e problemas da
cidadanía. Deste xeito, o candidato á Alcaldía de Lalín, Nicolás González
Casares, presentou dúas novas medidas coas que concurrirá aos vindeiros
comicios, en materia de política social, que consistirán na posta en marcha dun
banco de libros de texto municipal e na activación de becas de comedor para
escolares.
Así, González Casares comprometeuse a impulsar
un banco de libros de texto a nivel municipal, para que as familias con máis
problemas económicos non teñan que desembolsar cada ano grandes cantidades de
diñeiro na adquisición de novos libros ao comezo de cada curso. Esta medida xa fora
demandada, entre outros colectivos, pola ANPA do IES Laxeiro nunha reunión
mantida co candidato socialista. O proxecto consistirá na recolección de libros
nun depósito municipal, de modo que
poidan ser usados por varios alumnos en
sucesivos anos, con prioridade para aquelas familias do concello que se atopen
en situación desfavorecida. A proposta executarase establecendo acordos coas
diferentes direccións e ANPAS dos
centros escolares, tanto do concello de Lalín coma de fóra, xa que como
recordou González Casares, “en Lalín estudan alumnos doutros municipios e non
imos facer exclusións”. Para isto chegaríase a acordos cos concellos
colindantes que aporten alumnado aos centros lalinenses. O candidato socialista
calificou este proxecto como “primordial” dentro das políticas sociais,
sinalando que “a retirada por parte da Xunta do PP da gratuidade dos libros de
texto supuxo un pao moi importante para moitas familias que xa estaban en
situación compricada e que temos que intentar solucionar”.
Por outro lado, Nicolás González Casares tamén
propuxo a posta en marcha de bolsas municipais de axuda para comedores
escolares, tendo en conta os altos pagos que teñen que afrontar algunhas
familias por este servizos. O Partido Socialista quere contrarrestar con esta
medida os efectos da crise económica en moitas familias do concello. Para recibir estas axudas tamén terán prioridade
as familias desfavorecidas e aquelas que sufran problemas de vivenda, como por
exemplo un desahucio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario