PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 14 de abril de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA CONSIDERA NECESARIO MELLORAR A CALIDADE DO SERVIZO DE INTERNET NO RURAL

  • Tendo a posibilidade de conectarse en Lalín con velocidades de ata 100 megas non é lóxico que en lugares cercanos como Bendoiro ou o polígono só existan conexións de 1 ou 2”, manifestou González Casares.
  • O candidato á Alcaldía asegurou que a pouca eficiencia da banda ancha rural provoca que non se consiga fixar poboación e que se perdan veciños.

A Agrupación Socialista de Lalín recibíu queixas nos últimos días por parte dalgúns veciños de núcleos ruais do concello, debido á pouca eficiencia do servizo de internet rural e demandando unha maior velocidade de conexión. Ante esta situación, o candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares, coincidíu na necesidade de renovar os plans de internet rural, incrementando a velocidade de conexión e adaptándoos ás necesidades actuais da poboación.

González Casares destacou que “no seu momento o programa Repoblar e o proxecto de internet rural Wimax foron unha boa solución, mais só permite conexións de 1 ou 2 megas, unha velocidade moi pouco eficaz, que non cobre as esixencias actuais de gran número de usuarios”. Neste sentido salientou a necesidade de que o rural e o núcleo urbano manteñan a mesma calidade en servizos básicos e manifestou que “habendo 100 megas de conexión en Lalín, non é lóxico que en lugares cercanos como poden ser Bendoiro, ou a zona do polígono, non se conte cunha velocidade de internet adecuada aos requerimentos”. Asimesmo, González Casares recalcou que outro dos inconvintes do actual proxecto de banda ancha rural era que “aínda que permite contratar servizos de telefonía mediante o pago dun suplemento, non permite facer o pago a través dunha mesma factura, restando isto comodidade para os clientes”.

Por último, Nicolás González Casares sinalou a necesaria posta en marcha, coa maior celeridade, de novos proxectos de banda ancha que incrementen a velocidade de conexión no rural, asegurando que de non mellorarse os servizos, Lalín seguiría perdendo veciños. “A mala calidade da banda ancha nos núcleos rurais provoca que moitas persoas non poidan realizar tarefas básicas ou desenvolver traballos adecuadamente, polo que isto non contribue a fixar poboación no rural, senón máis ben todo o contrario”, afirmou o candidato dos socialistas nas vindeiras eleccións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario