PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 15 de abril de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA CONSIDERA QUE MANTER AS VELLAS OFICINAS DE MEDIO RURAL CONSTITUE UN FRAUDE PARA OS GANDEIROS

  • Primeiro véndennos un edificio de Medio Rural de custes millonarios que non se fixo e agora engánannos deixando deserto o concurso de aluguer” sinalou González Casares.
  • O socialista asegura que a Xunta e o Concello queren manter aos gandeiros “cuns servizos penosos”, pois “ a actual oficina agraria está vella e presenta todo tipo de deficiencias”.
A Xunta acaba de decidir que manterá abertas as actuais oficinas de Medio Rural, situadas na rúa Areal, tras quedar deserto o concurso público de aluguer a través do que se buscaba dotar duhas novas instalacións en Lalín a este servizo, que non atende só a veciños da capital dezá, senón de toda a comarca. Tras coñecerse esta decisión, o candidato do PSOE á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, cargou contra a Xunta e o goberno de Crespo, calificando esta situación de engano e fraude para a cidadadanía e para os gandeiros.

O socialista recordou como tras desistir a Xunta na construcción dun edificio de Medio Rural que ía ter uns custos millonarios e que segundo Crespo ía estar rematado no 2012, agora se desiste tamén de alugar unhas novas dependencias. “Primeiro vendéronnos un edificio que superaba os 1,8 millóns de euros de inversión e non se fai. Despois de saber que non se ía construir engánannos coa posta en marcha dun concurso de aluguer que resulta que agora queda deserto”, sinalou. González Casares considera inaceptable esta decisión e insta á Xunta e ao goberno local a buscar unha pronta solución para que os gandeiros conten cunhas instalacións adecuadas ás necesidades.

Todo parece indicar que o Concello e a Xunta queren seguir mantendo aos gandeiros cuns servizos penosos na actual oficina agraria, que ten, como é sabido, deficiencias de todo tipo e pola que ademais se está a pagar un aluguer desorbitado”, sentenciou Nicolás González Casares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario