O
PARTIDO SOCIALISTA APOSTA POLA RENOVACIÓN DE CARA ÁS PRÓXIMAS
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
- Celia Alonso e Xosé Manuel Hermida serán dous dos novos candidatos da lista socialista.
- “O PSOE é capaz de ofrecer alternativas nun momento tan difícil para Lalín”, indicou González Casares.
O
Partido Socialista de Lalín ten artellada unha lista electoral para
os comicios do mes de maio na que a renovación será unha das súas
principais características. A transformación da candidatura é
evidente, comezando polo número un, o candidato á alcaldía por vez
primeira, Nicolás González Casares, quen indicou que “o PSOE é
capaz de ofrecer alternativas nun momento tan compricado para Lalín,
un concello que necesita con urxencia un cambio de rumbo político”.
Pero ademais, os primeiros postos da proposta socialista tamén terán
varias caras novas con respecto á candidatura presentada no 2011.
Así, dúas das apostas novidosas de González Casares para o
vindeiro proceso electoral son Celia Alonso e Xosé Manuel Hermida.
Alonso
é veciña da parroquia de Bendoiro. É administrativa de profesión,
malia ter traballado a maior parte de sua vida profesional como
celadora no Sergas. Milita no Partido Socialista e conta cunha
ampla experiencia na política local, xa que foi concelleira de
Parques e Xardíns e de Medio Ambiente no Concello de Pontevedra
durantes 6 anos. Ademais, exerceu varios cargos no partido tanto a
nivel provincial como galego. Entre outros aspectos considérase unha
firme defensora da natureza e mantense involucrada na defensa da
Fraga de Casas Vellas.
Pola
sua parte, Hermida é natural da parroquia de Santiso, onde ainda
vive. Traballa como gandeiro e rexenta xunto coa sua muller unha
explotación familiar de vacún de leite. Coñece moi ben o sector
agrario e as necesidades e compricacións polas que este pasa, xa que
leva varios anos implicado en Unións Agrarias, sendo na actualidade
Secretario de Organización Sindical dentro da executiva comarcal da
organización. Asimesmo é socio da cooperativa Cobideza onde exerceu
distintos cargos na xunta directiva ao longo dos últimos anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario