Ó PLENO DO CONCELLO
DE LALÍN
Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín
abaixo asinantes, presentan ó Pleno para
o seu debate e aprobación se procede a seguinte
MOCIÓN
O sector do Taxi
de Lalín está pasando nestes momentos, e xa ben pasando dende hai tempo, por
momentos moi difíciles que incluso poñen en perigo a supervivencia de moitos
destes traballadores na súa ocupación.
Os tempos de crise que fan que os usuarios busquen alternativas de transporte ó
taxi menos cómodas pero mais baratas, o recente investimento na adquisición dos
taxímetros (que on teñen ningún sentido en en concellos pequenos e zonas rurais
como Lalín) e que supón ademais novos gastos engadidos (incremento no costo da
ITV ou pagos á empresa subministradora do aparato por mantemento e para
calquera modificación, por exemplo cambio de tarifas), o número elevado de
licencias en vigor, un 35% por enriba do estipulado, pero sobre todo a competencia desleal tanto por parte de
empresas de transporte que fan paradas para coller e deixar viaxeiros no casco
urbano fóra da estación de autobuses como por parte de antigos compañeiros que
deixan o taxi por xubilación ou venda da licenza e logo seguen facendo servizos
clandestinos.
Se ben é certo que dende o concello non se pode
facer moito por resolver a crise xeral deste país, si se podería facer bastante na resolución dos outros dous
problemas e este grupo de goberno non o fixo nin o quixo facer.
No Pleno ordinario do pasado 31 de marzo de 2015, os
concelleiros do grupo do P.P. votaron todos en contra dunha moción dos concelleiros socialistas (apoiada por toda
a oposición) que pedía eximir ós taxistas das vilas como Lalín de colocar os
taxímetros solicitando a adopción do seguinte acordo:
O Pleno do concello insta da Xunta de
Galicia a exención da obrigatoriedade da
instalación do taxímetro nos concellos con tipoloxía similar á de Lalín, ben
sexa a través dunha modificación da Lei 4/2013 antes citada, da súa
contemplación na normativa que a desenvolva, ou mediante
calquera outro mecanismo legal aplicable.
E tampouco fixo
nada a favor (mais ben en contra), na erradicación do intrusismo, sendo
competencia plena do concello, nin tampouco na competencia desleal que supoñen
determinadas empresas de autobuses que paran indebidamente no casco urbano. Os
taxistas teñen denunciado en numerosas ocasións como ex compañeiros de
profesión continuaban e continúan facendo servizos clandestinamente, e non se
adoptou ningunha medida. Tamén se denunciou por escrito a dúas empresas de
autobuses que facían paradas no casco urbano de xeito irregular, e nun caso a
consellería abriu o oportuno expediente, pero no outro non actuou por que
“segundo manifestacións da policía local de Lalín”, a empresa xa non facía esas
paradas dende hai tempo, algo por certo que non se corresponde á realidade, pois
calquera pode observar como todos os días de feira a empresa fai paradas para
recoller e deixar viaxeiros na rúa matemático Rodríguez, producindo ademais
atascos na circulación de vehículos.
Por todo o
exposto, proponse ó pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
1º.-Inicio urxente dunha campaña de loita contra o
intrusismo no sector do taxi implicando non so á Policía Local, se non tamén propiciando
a colaboración doutras administracións a través da garda civil de tráfico,
inspectores dos órganos competentes en materia de transportes da Xunta de
Galicia, etc.
2º.-Control por parte da Policía Local para
erradicar as paradas das empresas de
autobuses no casco urbano, fóra da Estación de autobuses, para recoller e
deixar viaxeiros.
3º.-Estudar fórmulas para ir adaptando
progresivamente o número de licencias de taxi de Lalín ó previsto na LEY
4/2013, de 30 de mayo, de transporte público de personas en vehículos de
turismo de Galicia.
Lalín, 1 de abril de 2015
Asdo.: Manuel González Aller Asdo.: Cristóbal Fernández
Vázquez
Asdo.:Marina Ferreiro Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario