PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 10 de abril de 2015

GONZÁLEZ CASARES DENUNCIA QUE NOS 8 ÚLTIMOS ANOS DE GOBERNO DE CRESPO SE DESTRUEU UN TERZO DO EMPREGO EN LALÍN



·        Dos 3.000 postos de traballo que se perderon neste período, 1.000 pertencen a esta lexislatura.
·        As persoa paradas, en relación ao número de traballadores , aumentou brutalmente nos últimos catro anos de mandato de Crespo.

 O Partido Socialista de Lalín e o seu candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares, denuncian nun estudo sobre o desemprego e a inclusión laboral, o estrepitoso aumento  do paro no Concello nos últimos anos de goberno de Crespo e do Partido Popular. No documento, González Casares recorda a contínua e prolongada desaparición de empresas que se vén producindo no municipio dende o Comezo da crise económica, que levou consigo milleiros de empregos, sen que o goberno local actuase para contrarrestar esta tendencia.

 Na súa análise, os socialistas de Lalín toman como exemplo o mes de febreiro , por ser un mes de desestacionalización. Así, pódese comprobar como en dito mes do ano 2008, antes da crise, en Lalín había 858 parados. A cifra incrementouse nos tres anos seguintes en 876 desempregados, pasando a haber 1734 no 2011. Lonxe de invertirse a tendencia, o paro seguíu crecendo ata alcanzar no mes de febreiro do presente ano a cifra de 1772 persoas sen traballo.

 Asimesmo, González Casares sinala que paralelamente á caida do emprego se producíu un notable desplome no número de afiliacións á Seguridade Social. Tomando de novo como referencia os datos do mes de febreiro, pódese comprobar como no ano 2008 había  un total de 9296 afiliados, pasando a ser no 2011, 7423. Pero as baixas na SS seguiron incrementándose de  forma dramática nos seguintes anos, ata chegar a ser no 2015 , unicamente 6406 afiliados. Deste xeito, como destaca o candidato á alcaldía de Lalín, “podemos  afirmar que Lalín perdeu 3000 postos de traballo nos últimos sete anos, dos que 1000  se destruiron na  última lexislatura, deixando ao concello con un terzo menos de empregados”.

 En relación cos datos do paro e a falta de oportunidades, os socialistas destacan o envellecemento demográfico e a perda de poboación, que caeu drasticamente nesta lexislatura e se está a converter nun dos principais problemas do concello. No ano 2011 en Lalín había 21277 habitantes, mentras que no 2014 apenas se superan os 20.000, o que extende sobre o municipio a ameaza de perder a primeira categoría. González Casares comenta ao respecto que as perspectivas sociais, laborais e demográficas están nun momento moi complexo en Lalín e recalca que “é preciso tomar moi en serio a situación e acometer un revulsivo que lle devolva a Lalín a actividade previa á crise,  mediante actividades audaces de inclusión social e laboral”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario