·
O candidato á alcaldía considera que a cidadanía non debe custear o arreglo
dunha rúa que desfixo unha empresa privada.
·
Acusa ao goberno Municipal de “nula planificación” por comezar os
traballos un luns, “cando máis molestias causan aos veciños”.
O goberno local acaba de anunciar que o
vindeiro luns se procederá a pechar ao tráfico, a partir das 08.00 horas, a Rúa
Principal, con motivo de repoñer o firme e amañar o mal estado no que quedou o
vial tra-las obras acometidas por Gas Natural.
O candidato do Partido Socialista nas
próximas eleccións municipais, Nicolás González Casares, cargou por este feito
contra o alcalde e contra o Goberno Municipal ao considerar “que todos os
lalinenses imos ter que pagar agora unhas obras e as molestias que estas van
causar e que só veñen motivadas polas ocurrencias de Crespo co gas”. Deste
xeito o socialista pon en cuestión que o Concello teña que afrontar agora o pago dos arreglos dunha rúa “que deixou
desfeita unha empresa privada e que de nada serviron para os lalinenses”. Asimesmo, pregúntase por qué dende o Concello
non se obriga a Gas Natural a facerse cargo dos gastos ocasionados por estes
traballos.
Por outro lado, Nicolás González Casares tamén
queixo deixar constancia da que considera “nula planificación do PP e total
falta de responsabilidade coa cidadanía”, por anunciar o comezo das obras un Luns. Segundo o tamén
Secretario Xeral dos socialistas de Lalín, esté é o peor día posible, pois
“xusto despois dunha fin de semana, a xente aproveita para acudir aos bancos,
aos comercios etc. Sendo un dos días con máis actividade”. “Sei que as obras
teñen que comezar nalgún momento, pero un luns non é o día máis axeitado,
deberían tentar causar as mínimas molestias aos veciños buscando outro momento
para acometer os traballos” sinalou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario