- Recordou que boa parte das empresas patrocinadoras son concesionarias do Concello e sinalou que o diñeiro iría mellor empregado en políticas sociais.
- O socialista arremeteu contra Rodríguez, sinalando que non ía ser el quen lle dea “leccións” sobre o Cocido.
O
candidato socialista á Alcaldía de Lalín, Nicolás González
Casares, saíu na sua defensa ante as acusacións verquidas por parte
do concelleiro de Turismo Antonio Rodríguez contra a súa persoa e
contra a Agrupación Socialista de Lalín, por cuestionar o gasto de
máis de 9.000 euros na comida oficial do Cocido. Segundo o
concelleiro, o ágape, ao que asistiron 350 persoas, foi custeado
mediante patrocinios. Neste sentido, González Casares tachou de
“lamentable” que se utilice diñeiro de patrocinadores “para
pagarlle papatorias a políticos do Partido Popular e en prebendas de
Crespo”, recordando deste xeito, que estes actos “unicamente
serven para o autobombo do alcalde e para pagar os seus favores
políticos e persoais”.
Asimesmo,
o candidato do Partido Socialista arremeteu contra o responsable de
Turismo, quen o acusou de querere embarrar a Feira do Cocido,
replicándolle que “non me vai dar leccións sobre o Cocido,
porque nunca faltei a ningunha edicción, se quere pódeme falar da
Feira do Polbo do Carballiño, que sendo de alí seguro que sempre
foi”.
Por
outra parte, o candidato dos socialistas nas próximas eleccións
municipais, tamén cuestionou os patrocinios, dende o punnto de vista
de que boa parte das empresas que segundo Rodríguez aportaron
diñeiro para o Cocido son concesionarias e traballan para o
Concello. Polo tanto, segundo González Casares, “son cartos que
igualmente saen das arcas municipais e foron empregados nunha
comilona, podendo ser destinados por exemplo, a políticas de
carácter social que tanto se botan de menos no municipio”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario