PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 17 de abril de 2015

CRISTÓBAL FERNÁNDEZ SERÁ HOMENAXEADO PECHANDO DE XEITO SIMBÓLICO A CANDIDATURA SOCIALISTA DE LALÍN




·        O histórico socialista lalinense foi concelleiro durante case 25 anos en diferentes etapas.
·        González Casares  destaca que “non se trata dunha retirada”, xa que Fernández seguirá “traballando por Lalín e polo partido”

 O histórico socialista lalinense, Cristóbal Fernández Vázquez, ocupará un lugar de honra na lista electoral que mañá presentará a Agrupación Socialista de Lalín. Situarase de  xeito simbólico no número 21, pechando a candidatura que encabezará Nicolás González Casares, quen quere deste xeito homenaxear “a todo un referente do socialismo na zona, que traballou sen descanso durante tantos anos polo partido e  sobre todo por Lalín”.

 Cristóbal Fernández porá así fin á súa etapa como concelleiro, un cargo que ostentou durante case 25 anos en diferentes fases. Nons obstante, o candidato á alcaldía dos socialistas quixo deixar claro que isto non se ía significar o abandono da súa actividade política. “Fernández non se retira, senón que deixa de estar no Concello, pero seguirá traballando arreo por Lalín e polos Lalinenses. Ademais, como persoa imprescindible que é  dentro do partido, seguirá contando sempre para o PSOE coma unha das principais partes activas do grupo”, explicou González Casares, inidicando  tamén que cando saia elexido alcalde o nomeará asesor municipal, un cargo que desenvolvería sen cobrar ningín soldo.

 Cristóbal Fernández ten unha relevancia trascendental no socialismo lalinense, comarcal e mesmo galego. É sen dúbida un dos políticos máis recoñecidos e valorados da zona, destacando, tal e como apuntan os seus compañeiros de partido, “a súa infatigable capacidade de traballo, a súa honradez e a súa constancia”. 
 Este veciño de Lalín, natural da parroquia de Bermés, presentouse por primeira vez no ano 1983 a unhas eleccións baixo as siglas do PSdeG-PSOE. Dende entón foi concelleiro nas etapas 1983-1999, 2003-2005 e 2011-2015. Asimesmo,  pertence á Executiva Provincial do Partido Socialista. Ademais, durante a presidencia de Pérez Touriño  na Xunta foi Delegado Provincial de Educación e Ordeación Universitaria. Ao pouco tempo de deixar este cargo ostentou a Xefatura Provincial de Costas ata a chegada de Raojoy á presidencia do goberno. É  licenciado en Matemáticas e na actualidade exerce a súa labor docente no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, centro do que tamén foi director.

No hay comentarios:

Publicar un comentario