·
González
Casares censurou o novo proxecto de amaño asegurando que non servirá para
solventar as deficiencias e calificou de “estafa aos lalinenses” o proxecto
executado o ano pasado, que non tivo resultados.
·
O
candidato á Alcaldía de Lalín propón un plan integral de mantemento do
Pontiñas, que contemple tanto directrices de xestión de infraestructuras, como
ambientais e de seguridade.
O candidato
socialista á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, calificou de “parche”
e “chapuza sen ningunha planificación” o novo proxecto de acondicionamento do
paseo Pontiñas que o Concello está tramitando mediante procedemento negociado e
sen publicidade e que contará cun presuposto de máis de 113.000 euros . O
candidato do PSOE manifestou a sua sorpresa ao ver que “agora lles entrou a
présa por amañar o Pontiñas cando o deixaron abandonado e desfeito durante
tanto tempo”. En referencia a isto
apuntou que “ a proba do mal estado que sofre o parque faise patente nas 100
deficiencias que os socialistas atopamos no seu percorrido”.
Por outra parte,
González Casares volveu censurar o novo proxecto de Crespo, tal e como xa
fixera semanas atrás, recordando que os desperfectos que se pretenden
solucionar no plan actual xa estaban proxectadas no levado a cabo o ano pasado, que tivo uns orzamentos de 117.000 euros. En
referencia a dito proxecto sinalou o socialista
que “non se sabe moi ben como se executou, porque se gastaron os cartos
e o parque seguíu igual de desfeito, así que está claro que se estafou aos
lalinenses”. Ademais, o tamén Secretario
Xeral dos socialistas de Lalín asegurou que o novo proxecto tampouco servirá
para deixar en boas condicións o Pontiñas e lamentou que “se gastasen máis de
200.000 euros nos dous plans de
adecentamento e que ao final vaia seguir habendo deficiencias”.
Nicolás González
Casares aproveitou para explicar a proposta do PSOE de Lalín en canto á xestión
e o mantemento do Pontiñas. Ésta consistirá, segundo explicou, na posta en
marcha dun plan integral de xestión do Pontiñas que non só contemple o estado
da infraestructura, senón que tamén
establezca unhas directrices de mantemento ambiental e de seguridade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario