-
“Non se
entende que gastemos 14 mil euros ao ano para non usalas e que se deterioren”
sinala González Aller.
-
Pregúntanse
“polo resto das bicicletas para darlle outros usos”.
-
“Entendemos
que o problema do Cortizo pasa por unha boa planificación e unha reforma
necesaria”
O PSOE local manifestou hoxe que non
se entende cómo se sigue mantendo o servizo de bicicletas en Lalín cando “case
ninguén o usa e custa mais de 16 mil euros ao ano en mantemento do mesmo”.
Segundo González Aller “este servizo resultou ser unha idea que non foi para
diante e que foi usada para favorecer a xente próxima ao PP no seu tempo polo
que entendemos que hoxe, tras comprobar o seu desuso é preferible prescindir
del”.
O concelleiro socialista lembra que “hai dous
contratos de mantemento, un deles por mais de 14 mil euros dos que non se sabe
moi ben as súas funcións porque as bicicletas sempre están ao aire libre,
inverno e verán e outro por un control do sistema tecnolóxico que tampouco se
rentabiliza ”.”É un servizo deficitario en mais de 15 mil euros, dixeron que en
2014 remataba e observamos con sorpresa que aínda segue”
Tamén se preguntan dende o PSOE local polo “estado e paradeiro da outra
metade das bicicletas , pois podíanse dar outros uso ,como tamén se lles pode
dar outros usos as bicis eléctricas que poderían valer para controlar o Paseo
do Pontiñas polos axentes muncipais dun xeito non contaminante”.
Campo
de Futbol
Por outra banda o voceiro dos
socialistas considera que “o estado do Cortizo é certo que é moi malo nestes
momentos e hai que buscarlle solucións a curto e longo prazo”. “O primeiro
consideramos que é planificar ben o uso do terreo de xogo e os coidados que se
lle van dar, pois o campo deberíase levantar mais veces entre cada tempada e
agora as paga” e ademais unha solución a longo prazo que pasa por unha reforma.
Así González Aller propón buscar unha solución
que permita manter no mesmo Cortizo “un campo de herba natural ,pois é unha
pena perder o histórico campo de herba do Empalme e por outro lado facer outro
mais de herba sintética, deste xeito no mesmo entorno e sen necesidade de crear
mais infraestruturas e diseminar os campos poderíamos gozar dunha boa
solución”. E afirma que “é posible pero pasa por optimizar o espazo actual”
No hay comentarios:
Publicar un comentario