PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 1 de febrero de 2015

OS SOCIALISTAS LALINENSES DENUNCIAN QUE A PRECARIEDADE LABORAL NO LALÍN ARENA PROVOCA Á MARCHA DO PERSOAL




-      “A precariedade laboral non fai atractivo o Arena a uns traballadores que se esforzan” denuncia González Casares.
-      “Estase dando unha situación anómala con pagos por horas a persoal que non está contratado” sinalan dende o PSdeG-PSOE local.
-      “A situación é sinxela,cumprir o convenio, se non a Inspección de Traballo” afirman os socialistas.

 O PSOE de Lalín denuncia que “novamente o tempo danos a razón e confírmase que a precariedade coa que o Concello castiga aos traballadores do Lalín Arena provoca que moitos deles abandonen e que incluso haxa aspirantes que renuncien á posibilidade de traballar nas instalacións municipais”.

 Nicolás González Casares ,Sº Xeral dos socialistas lalinenses , lembra que no pasado mes de decembro alertou desta precariedade pois o Concello ofertou postos de 361 euros ao mes con pagas extras incluídas e cun custe da hora por traballador de 4,72 euros /hora cando o mínimo que marca o convenio é de 6,20.

 Como proban os socialistas “neste mesmo mes prodúcese unha nova renuncia dun monitor, que se suma a varias renuncias previas nos últimos meses o que ven a demostrar dun xeito evidente que as condicións non permiten unha estabilidade laboral no cadro de persoal do multiusos”.

 Os socialistas fanse eco “ de queixas de usuarios porque o persoal rota con moita frecuencia,prodúcense ausencias polas renuncias e aumenta o descontento” e matiza que “as queixas son por estas razóns e non porque haxa queixas contra os profesionais que desenvolven con dedicación a súa labor no recinto”.

 Ademais dende o PSOE afirman que se está dando cando menos “unha situación de irregularidade pois se está pagando por horas a persoal sen contrato para cubrir esas vacantes laborais nunha instalación municipal, polo que poderíase estar incumprindo a normativa de contratacións “ e ademais eses servizos “son moi superiores por lóxica en custe por hora aos que cobran o persoal do Lalín Arena, polo que o que se aforra apretando a uns traballadores por un lado pérdese polo outro”.

 Para Nicolás González Casares a solución é moi simple “cumprir o convenio laboral que hai para estas instalacións e que abarca as de caracter público ou se non non haberá outro xeito que denunciar ao Concello de Lalín ante Inspección de Traballo”.


PREGAMOS NON POÑER OS NOMES DOS AFECTADOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario