PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 18 de febrero de 2015

OS SOCIALISTAS LALINENSES DENUNCIAN O GASTO DE 5000 EUROS NO PLEITO POLO QM 0



-      A cifra superará os 8000 euros finalmente pois faltan pagos aínda por realizar.
-      González Casares lamenta o continuo despilfarro en pleitos partdidistas de Crespo.

 O PSOE de Lalín desvelou hoxe o gasto por aproximadamente 5000 euros pola disputa xudicial coa Deputación de Lugo pola marca e logo Qm 0 que finalmente quedou en nada.

 Tras a revisión da documentación polo Grupo Municipal Socialista atopouse que os gastos por este litixio ascenderon ata hoxe a 4905,38 euros concretamente ,a falta de sumarlle os gastos derivados da última parte do proceso que foi o Recurso de Casación ao Tribunal Supremo que probablemente fará ascender o custe total por un importe estimado superior aos 8000 euros.

 Deste xeito confírmase que ao Goberno Local “non lle doe tirar os cartos dos lalinenses ao lixo en pleitos inútiles e de claro interese partidista por parte de Crespo” como afirma González Casares que se pregunta “cómo é posible pleitear contra a Deputación de Lugo por esa marca e non contra o Concello de Forcarei que acaba de poñer en marcha o Mes do Cocido plaxiando o propio de Lalín” . Para o socialista a resposta é sinxela “a Deputación de Lugo está gobernada por un socialista e Forcarei por unha alcaldesa do seu partido”.

 Este desvarío nos gastos xudiciais que se denuncian dende o PSOE local súmase aos 60 mil euros recentemente pagados polo Concello pola disputa coa concesionaria do Parking “o que deixa claro que en Lalín gástase moito mais en pleitos por exemplo  que en actividades culturais ou en promoción do comercio local, deixando claras cales son as prioridades do alcalde: o seu ego”

No hay comentarios:

Publicar un comentario