PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 27 de febrero de 2015

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN QUE AS DECLARACIÓNS DO CONCELLEIRO RODRÍGUEZ FAN MAIS INEXPLICABLE O NOVO CONTRATO NO CORTIZO




-      “Polo que explica o servizo que vai prestar o autónomo contratado xa o ven prestando persoal municipal” afirma Cristóbal Fernández
-      “Se o servizo de mantemento de bicicletas podía asumirse dende o Concello porque se gastou cun contrato externo?” preguntan os socialistas.

 Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que as declaracións do concelleiro José Antonio Rodríguez por un novo contrato de mantemento no campo de fútbol municipal “fan aínda mais inexplicable e escura esa contratación por parte do Concello”.

 Como afirma Cristóbal Fernández se vai prestar un servizo de apertura e peche das instalacións e o mantemento normal dos vestiarios en realidade estamos falando dun bedel ou porteiro e como sabe todo o mundo “no Cortizo xa hai un traballador municipal facendo esas funcións” e afirma que “sería incrible e incluso ilegal que un posto que ten asignado persoal propio do Concello para levarse a cabo agora sexa prestado por un autónomo que non pasa ningún tipo de selección de persoal”

Os socialistas pregúntanse ademais se “o Concello de Lalín ten previsto substituír o seu persoal por autónomos subcontratados como xa ven facendo no Arena e agora no Cortizo” e afirman que “chama moito a atención que saia simplemente a dar as explicacións o concelleiro de Turismo e o de Deportes estea calado ante esta situación no seu departamento”

 Por outra banda lamentan “que o concelleiro nin tan sequera tivera a decencia de ausentarse nesa decisión que favorece ao seu amigo “ e que semella que “a actividade dese autónomo varía en función dos contratos que interesan no Concello, un día mantemento de bicicletas e ao seguinte bedel do campo de fútbol, cal será a seguinte”. Fernández lembra que “verificamos a actividade de autónomo e na data da adxudicación non era a que di ou non se dera conta ao Rexistro Mercantil aínda”.

 Os socialistas tamén pregúntanse como “se era posible dar o mantemento so con persoal municipal ,cal foi a razón de contratar a empresa externas e privatizar o mantemento das bicicletas, pois hai que lembrar que en primeiro lugar foi executado pola empresa dun irmán dun ex- concelleiro do PP e posteriormente por unha amistade declarada do concelleiro Rodríguez”. “Collendo o argumento do concelleiro de que en Lalín hai parentes e amigos e que as adxudicacións as veces van para xente achegada, resulta moi curioso como este servizo e outros sempre se lles adxudica a próximos ao Goberno Local”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario