-
Será o
vindeiro xoves día 5 de febreiro dende as 16 as 20 h na Casa do Pobo.
Os socialistas lalinenses habilitarán
un día de esta semana e algún mais se é preciso para asesorar aos pensionistas
retornados e que foron espoliados polo Goberno Central. A intención é
“facilitarlles a estes emigrantes retornados, xente de idade normalmente, unha
atención na súa vila evitando trasladarse a Pontevedra”.
Os socialistas contarán con representantes da
Plataforma de Afectados do Ulla-Umia que lle poderán informar da súa situación
fiscal no relativo as sancións e e regularizar a súa situación tras a Reforma
Fiscal de novembro de 2014.
Segundo informa o Sº Xeral do PSdeG-PSOE de
Lalín, Nicolás González Casares, “a asesoría realizarase o vindeiro xoves día 5
de febreiro dende as 16 as 20 h na Casa do Pobo, sede dos socialistas
lalinenses situada na Rúa F nº 27, entrechán”.
Tras a sesión realizada en Silleda
recentemente “detectouse unha demanda de atención tamén en Lalín polo que
consideramos moi necesario prestar apoio sen ningún compromiso a un colectivo
que foi machacado polo PP .
No hay comentarios:
Publicar un comentario