PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 17 de febrero de 2015

MOCIÓN



Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín abaixo asinantes,  presentan ó Pleno para o seu debate e aprobación se procede a seguinte

MOCIÓN

 O pasado 5 de febreiro o Parlamento Galego aprobou unha PNL relativa ao CAR de Lalín co único apoio do Grupo Parlamentario Popular no que se insta á Xunta de Galicia a que faga un estudio para determinar cómo se conseguiran os fondos suficientes para a construción desta necesaria infraestrutura sanitaria para Lalín e a nosa comarca. O Grupo Parlamentario Socialista propuxo como alternativa unha modificación desa PNL que incluíra a licitación inmediata do CAR que os populares rexeitaron.

 Despois dun primeiro paso dado no ano 2007 onde dende o PP se pretendía un Hospital e para iso se gastaron neste Concello mais de 12 mil euros nun absurdo estudio que non xustificaba un Hospital en Lalín, dende a Xunta de Galicia se apostaba polo CAR. En 2009 co cambio de Goberno na Xunta continouse coa idea do CAR e finalmente todos os grupos políticos deste Concello coincidimos na súa necesidade,secundando deste xeito a proposta inicial do noso Grupo Municipal.

 En 2011 Concello de Lalín e Consellería de Sanidade asinan un convenio polo que o Concello dota de terreos para o CAR, agora xa expropiados e a disposición municipal e a Xunta de Galicia comprométese a súa construción.

 Despois de 6 anos do PP na Xunta co compromiso do CAR, varias campañas electorais prometéndoo e con terreos municipais xa a disposición da Consellería de Sanidade, resulta moi desesperanzador e soa a parapeto electoral a PNL aprobada polo PP de comprometerse unicamente a ver como se pode conseguir financiamento, lembrando ademais que continuamente nos orzamentos da Xunta de Galicia foron rexeitadas emendas socialistas reclamando partidas para a construción do CAR coa excusa de que a súa construción estaba comprometida en partidas xenéricas ano tras ano.

Por todo o anteriormente exposto solicitamos ao Pleno Municipal a adopción dos seguintes acordos:

1º.-Reclamar a Xunta de Galicia a inmediata licitación do CAR antes de maio de 2015
        
2º.- Denunciar o convenio de construción do CAR por incumprimento reiterado da Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario