Manuel Mª González
Aller concelleiro polo PSdeG-PSOE no
concello de Lalín, ao abeiro da
lexislación vixente, presenta ao Pleno para o seu debate e aprobación, se
procede, a seguinte
MOCIÓN
A última ponencia de
valores catastrais do noso concello, data de mais de 10 anos. Daquelas
atopabámonos en plena burbulla inmoviliaria, de aí que os valores acadados
foran tan altos.
A
ponencia de valor catastral é un documento elaborado pola Dirección Xeral de
Catastro, que inclúe os criterios, módulos de avaliación e outros elementos
necesarios para levar a cabo a determinación do valor da avaliación de
propiedades que están dentro do seu ámbito de aplicación.
Pode ser iniciado de
oficio ou por instancia do concello , cando hai diferenzas entre os valores de
mercado e valores de propiedade actual, sexa como resultado dun cambio na
planificación urbana ou outras circunstancias.
Poden
ser iniciadas despois de cinco anos a partir da entrada en vigor dos valores
catastrais derivados do anterior procedemento de valoración e realizarase en
todo caso aos 10 anos a partir desa
data.
Os veciños de Lalín
veñen sufrindo dende fai dez anos, as consecuencias dunha valoracións dos seus
ben, tanto rústicos como urbanos, feita a alza en momentos de máxima
especulación urbanística.
Nestes intres, a
situación e totalmente distinta, os prezos desplomaronse ata facer perder un
50% o valor das propiedades, tanto rústicas, pero sobre todo as urbanas.
Dende o grupo
socialista pensamos que e de xustiza solicitar unha nova ponencia de valores,
revisando a baixa o valor catastral dos bens inmobles do concello de Lalin.
Por todo isto, o
Grupo Municipal Socialista propón ó Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
-
Solicitar a
dirección xeral do catastro unha nova ponencia de valores, que se adapte a
situación socio económica actual do noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario