PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

sábado, 21 de febrero de 2015

GONZÁLEZ CASARES REFORZARÁ A PARTICIPACIÓN CIDADÁN CON ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS E CONTRATACIÓN SOCIAL



-      “Calquera investimento que supere o 20% do orzamento anual será consultado cos cidadáns” propón o socialista.
-      Na contratación de empresas o PSOE local primará o compromiso social e as condicións laborais dos traballadores.

O candidato socialista presentou hoxe algunhas das propostas que guiarán a súa política de participación cidadán e contratación de empresas e servizos por parte do Concello de Lalín. Casares sinalou que “esta proposta é unha garantía de transparencia e participación que se complementará con mais medidas que estamos valorando porque cremos que é o momento de dar o paso á opinión continuada da xente”.

 González Casares lembra que en 2011 “xa falamos de orzamentos participativos e dun decálogo de transparencia, compromisos que reiteramos e que agora facemos mais palpables con estas propostas concretas”.

 Dende o PSdeG-PSOE local esbozan en principio 4 liñas mestras:

  1. En Lalín levaranse a cabo orzamentos participativos como xa se ven facendo noutras administracións. “Será a xente a que decida polo menos un 20% do total dos investimentos anuais,pero a intención é botar a andar a iniciativa e poder chegar a mais na lexislatura” .
  2. Investimentos consultivos: calquera investimento que supere o 20% do total do orzamento municipal de un ano será sometido ademais das canles habituais plenarias a unha explicación cidadán e posterior consulta. A intención,ademais de rendir contas,  é evitar que se fagan obras faraónicas como o Lalín Arena ou o Concello sen o suficiente consenso cidadán.
  3. Na contratación de obras e servizos municipais valoráranse cláusulas sociais: primarase a aquelas empresas que fomenten a contratación indefinida ou que ofrezan melloras laborais e salariais aos traballadores e penalizarase a aquelas que non cumpran o convenio do seu sector.
  4. . O custe total de cada obra ou servizo superior aos cen mil euros publicarase de xeito claro e verificable na web municipal, coa suma de todas as certificacións para que os cidadáns non teñan ningunha dúbida dos custes do que pagan e poderá compararse o orzamentado co custe final do executado e ver se existiron sobreprezos.

 Con estas medidas de marcado carácter social e participativo, Nicolás González Casares ofrece un “claro proxecto coa vontade irrenuciable de escoitar aos cidadáns, a todos e non a uns poucos asesores nin esperar 4 anos a que nos valoren, a voz da cidadanía debe manterse e ser escoitada” e tamén “ unha mensaxe clara ás empresas de que temos que crear traballo e que iste sexa decente e non contratos lixo. En Lalín crearemos un  marco atractivo para moitos profesionais e emprendedores, pois a dignificación do traballo trae a medio e longo prazo asentamento de talento e boas empresas”

No hay comentarios:

Publicar un comentario