PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 19 de febrero de 2015

GONZÁLEZ CASARES DENUNCIA PERIGOSAS DEFICIENCIAS NA PARTE SUPERIOR DO PASEO DO PONTIÑAS.




-      “Ao lado dunha gardería e dun parque infantil o valado do lago está desfeito e sen sinalizar, é unha irresponsabilidade” afirma o candidato socialista.
-      “Segue o Paseo sen un mantemento axeitado, non so é facer obras” afirma o socialista.

 O candidato dos socialistas lalinenses Nicolás González Casares denunciou hoxe o mal estado do entorno da parte superior do Paseo do Pontiñas pero en lugar de focalizar a súa protesta en todo o entorno optou por resaltar a irresponsabilidade do grupo de goberno nunha zona perigosa.

 Así Casares afirma que a parte superior do Paseo tamén mostra múltiples deficiencias no firme , en arbores con polas caídas ou que entorpecen ao paseante pero principalmente sinala o perigo que se detecta arredor do Lago con amplas zonas do valado danadas e que levan xa moito tempo sen ningún tipo de arranxo.

 O socialista cualifica como unha irresponsabilidade o feito de que unha desas zonas de valado que nin tan sequera ten unha cinta que o sinalice estea “pegado a un parque infantil e a menos de 50 m dunha gardería co conseguinte risco para calquera viandante pero principalmente aos rapaces que poidan pasear cos seus pais e haxa un despiste” e lembra que “hai moi malas lembranzas con accidentes nese lago polo que non se entende que o Concello non repoña ese valado de xeito inmediato”.

 Os socialistas lamentan que mentres dende o Concello se vende unha obra de reparación do Paseo , continúa sen un mantemento axeitado e as deficiencias van aparecendo aos poucos sen que haxa un Plan de Mantemento regrado para esta infraestrutura esencial para a vila de Lalín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario