PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

sábado, 21 de febrero de 2015

GONZÁLEZ CASARES DENUNCIA O ESTADO RUINOSO DOS LOCAIS DA ASOCIACIÓNS DO EDIFICIO DA ANTIGA BIBLIOTECA AO LADO DO M. RIVERO




-      “Reclamamos un lugar digno para estas asociacións e no Lalín Arena hai locais para moitas delas” sinala González Casares.
-      “Que trate de vender o arranxo da cuberta como un éxito é unha tomadura de pelo á vista da situación real do edificio” lamenta o socialista.

 O candidato socialista Nicolás González Casares denunciou hoxe “o deplorable estado das intalacións dedicadas a locais para asociacións deportivas e culturais de Lalín no edificio que se ven prolongando durante anos e que xa foi denunciado noutras ocasións” e afirma “que o edificio é mais propio dun escenario dunha película de terror que de locais para calquera actividade”.




 González Casares entende que “é lamentable que o alcalde trate de vender o arranxo da cuberta e se lle encha o peito,sendo sabedor do estado nauseabundo dunha boa parte dese edificio” e ven demostrar “que arreglar a cuberta non vai sacar ao edificio da ruína, arreglar a cuberta é o mínimo para que non caia, pois dignificar esas instalacións precisa de moito mais,pois o abandono por parte do Concello dura xa moitos anos”.

 Casares lembra que nese edificio teñen local asociacións e clubes como as Amas de Casa Laxeiro, Ailola, Froitos do Deza, C.D. Lalín, Bico Rabudo, Cortos Q3 ou o Clube A Peniza “pero case o usan so como almacén pois parte do mobiliario que alí levaron está desfeito polas condicións do propio edificio” Os socialistas afirman “que neses locais demóstrase o que lle importan a Crespo moitas desas asociacións”

 González Casares propón que as asociacións que o desexen “sexan destinadas a locais no Lalín Arena, pois iso se contemplaba na construción inicial desa infraestrutura: destinar locais a clubes deportivos ou asociacións” e ironiza que “non se pode asegurar que se vaian librar das humidades,pero polo menos está novo”.  No caso do C.D. Lalín Casares entende que “sería axeitado que no Local de Donramiro no que hai espacio infrautilizado a día de hoxe se lle habilitara un espazo ao fútbol pois tería saída directa ao estadio M.A. Cortizo”.

 Finalmente os socialistas afirman “que o espazo que quede libre ,que quere usar por tantos anos e que tan ben está na súa opinión,pode ser usado mentres tanto para as reunións de Crespo e o seu comité asesor ,prometemos que a partires de maio deixáremolo seguir alí a pesares de que xa non será alcalde”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario