PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 19 de febrero de 2015

GONZÁLEZ CASARES CONSIDERA EXCESIVO GASTAR 9000 EUROS NUNHA COMIDA OFICIAL




-      “Semella que non cadran os gastos do festival de orquestras tal como se tiña anunciado” denuncian os socialistas.
-      “Non hai dous meses  falaban de ser solidarios cos que non tiñan para comer e agora atopamos isto” afirman dende o PSdeG-PSOE.
-      Os socialistas solicitarán a relación de invitados á comida oficial

 Os socialistas criticaron hoxe os excesos económicos nos que se está incorrendo coa escusa da Feira do Cocido e argumentan que “non vale todo, hai que ser sensatos co diñeiro de todos e se os políticos queren papatorias que as paguen, que Lalín non está para pagarlle as festas ao PP”.

 “Dilapidar 9000 mil euros nunha comida oficial non ten nome coa que está caendo, Lalín en cifras récord de taxa de paro e o alcalde invita aos amigotes da Xunta a papar cos nosos cartos, non ten vergoña” sinala González Casares quen defende que “o Grupo Municipal Socialista non asista a un evento como ese, pois non podemos compartir esa barbaridade”.

 Así González Casares lembra que “o Nadal non está tan lonxe , e daquela o alcalde participaba en apostas solidarias e galas benéficas , lamentablemente a recadación desas actividades son mínimas comparadas cos 9 mil euros nun Cocido” e pregúntase “se quedou algún cargo da Xunta sen comer un cocido a cargo dos lalinenses”.

 Deste xeito os socialistas sinalan que “pediremos a relación de comensais que acudiron a dita comida, pois é un dereito dos lalinenses saber a quen lle facemos eses obsequios” pois pouco mais sabemos que “foi Feijóo e que ese día non había neve”.

 Tamén relacionado cos fastos do Cocido os socialistas afirman que “o das orquestras parece que non era como o contaban e que Abanca puxo menos do anunciado e a barra nada tiña que ver coa hostelería de Lalín” e consideran que “Crespo está fora da realidade se entende que 60 mil euros en Gala, capas que non son regaladas, comida e orquestras é pouca cousa”

No hay comentarios:

Publicar un comentario