-
“No ano 2011
a Consellería de Sanidade do PP afirmou que en canto estivera o proxecto farían
o CAR, mentira e incumprimento” afirman os socialistas.
-
“Eu non lle
direi á conselleira que ´meta o anteproxecto no ...´como fixo Crespo” afirma
Casares
-
“Nin Crespo
nin a conselleira sabían onde estaban,pois hai servizos que anunciaron que xa
funcionan” lembran dende o PSdeG-PSOE local.
O candidato socialista Nicolás
González Casares cualificou a visita da Conselleira de Sanidade onte a Lalín
como “paripé e postureo electoral sen contido” e afirma que “foi unha
trapallada, supoño que a Crespo non lle faría moita gracia o nulo compromiso da
Consellería co CAR”.
Así o socialistas afirmou que “terá que vir
outro alcalde e outra Xunta para que Lalín vexa que o CAR se constrúe” e
garante “o compromiso irrenunciable dos socialistas con esa infraestrutura,
pois nos puxémola en marcha e nos rematarémola”. “Eu non lle direi á Rocío
Mosquera que ´meta o anteproxecto no ...´como fixo Crespo coa conselleira que
ideou o CAR para Lalín,porque non
compartimos as mesmas formas, pero está claro que non hai intención de mover un
dedo”
González Casares sinala “que os lalinenses non
queremos mais convenios de anteproxectos, convenio do convenio...queremos que
se cumpra a palabra dada de fora reiterada e escrita” e lembra como en 2011 a
conselleira Farjas afirmou que se ía construír cando o Concello puxera os
terreos a disposición de Sanidade e mesmo falou dunha partida orzamentaria que
“por mais mentiras que se contaron dende o Concello de Lalín, nunca apareceu”.
Casares cualifica o anteproxecto que se quere
redactar de “papel mollado e volta atrás, pois xa existe un documento que
marcaba as especialidades que acollería o CAR e incluso os m2 de cada consulta”
e afirma que “observamos un intento de rebaixar o CAR a un simple Centro de
Saúde con Especialidades (contemplaba ata 17 servizos) ,pois a conselleira
falou da posibilidade de Oftalmoloxía cando esa especialidade leva en Lalín
mais de 20 anos”.
Así González Casares lamentou “que nin Crespo
nin a conselleira sabían ben onde estaban ,pois venderon servizos que xa
existen como algunhas especialidades de Telemedicina que empezaron hai 8 anos
en Lalín “ e botou en falta “nin un so compromiso cos lalinenses que teñen que
facer centos de Qms semanais para facer unha hemodialise ,que non se pode facer
a distancia”.
En definitiva para González Casares “o CAR
está mais lonxe hoxe que antes da visita que fixo a conselleira e Crespo é
consciente da negativa, que se suma a outras como o Edificio de Medio Rural, a
reparación da Ronda Este, o Centro de Día, a cuarta Fase de Lalín 2000...tantas
e tantas cousas que o PP borrou do futuro dos lalinenses”
No hay comentarios:
Publicar un comentario