-
“Crespo é un
visionario dixital: coloca a dedo aos traballadores,aos pedáneos e agora
conselleiros” denuncia o líder socialista.
-
“Respectamos
aos elixidos por Crespo,pero respectamos mais aos elixidos polo pobo de Lalín”
afirman dende o PSdeG-PSOE.
O candidato socialista Nicolás
González Casares valorou que a formación do consello asesor de Crespo”é unha
cortiña de fume para non falar dos graves problemas de Lalín o da recente
subida do paro”. Así o socialista denuncia que “resulta curioso que despois de anuncialo
hai meses elixa o día que se comunica un pésimo dato do desemprego en Lalín
faga esta reunión inicial”.
“Mentres Crespo formaba ese consello en Lalín
medraban os desempregados e en lugar de tratar ese tema primordial para os
lalinenses alí falábase da axenda de Crespo : facer un Parque do Cocido”
sinalan os socialistas.”Non me extraña que non se tocara o tema do desemprego
pois dos alí reunidos algúns puxeron a moita xente na rúa recentemente, entre
parados ou empresarios, elixiu a estes últimos”.
Así Casares ironizaba que “Crespo é un
visionario dixital dende antes de ter Facebook: os traballadores municipais, os
pedáneos , comendadores e agora conselleiros elíxense a dedo” reafirmando que
“por moito que se disfrace ao chegar o Antroido Crespo practica o despotismo
político.
Finalmente González Casares afirma que
“respectamos a todos os elixidos, a algúns mais que a outros, pois nese
consello hai xente de moito valor para nos, pero consideramos que a
representación do Pobo de Lalín está no Pleno do Concello elixido
democraticamente e curiosamente alí evita comparecer para falar dos temas que
lle importan aos lalinenses”
No hay comentarios:
Publicar un comentario