Lalín,26
de febreiro de 2015
Estimado Conselleiro:
Como Vde. recordará, en decembro do 2008 o alcalde
de Lalín escribía unha carta dirixida á entón Conselleira de Educación e
Ordenación Universitaria Dona Laura Sánchez Piñón, carta que, por non poder
estar presente o alcalde na visita que
dita conselleira fixo a Lalín para a presentación do proxecto do novo Xesús
Golmar, foille entregada por Vde.
persoalmente á conselleira.
Na misiva describíanse as “principais deficiencias
e/ou necesidades” relacionadas coa educación en Lalín, a saber:
·
Construción
do novo IES Laxeiro
·
Pacto
Local en materia de educación
·
Construción
dun novo colexio público na zona oeste de Lalín
·
Construción
dun pavillón de deportes para o IES Ramón Aller Ulloa
Dende mediados do ano 2009, ata a actualidade, é
dicir practicamente dende hai 6 anos, goberna o seu partido non so en Lalín, se
non tamén na Deputación Provincial e por suposto na Xunta de Galicia, sen que
en todo ese tempo se tivese nin a mais mínima noticia de ningunha desas catro
necesidades que figuraban na carta, que parece que deixaron de selo ó cabo duns
meses, en canto cambiou o goberno da Xunta.
Dado o seu recente nomeamento como titular da
Consellería de Educación, e con motivo da súa
visita a Lalín en calidade de tal, aproveitamos para facerlle entrega
dunha copia da carta citada anteriormente, para recordarlle as necesidades
educativas principais de Lalín, necesidades das que, para poñerllo un pouco
mais doado, eliminamos a terceira delas
–a construción dun novo colexio público–,
pois sempre defendemos unha redistribución do alumnado que evite tanto a
masificación dos centros urbanos como a desaparición dos centros situados na
zona rural, o que fai de todo punto innecesaria, ou cando menos non
prioritaria, tal necesidade.
Pregámoslle por tanto, tal como facía o Sr. Crespo
na súa carta, que teña en conta estas demandas, que non son unicamente do Grupo
Socialista senón da comunidade educativa escolar lalinense e, en definitiva,
dos veciños do noso pobo.
Unha aperta.
Asdo.: Manuel González Aller. Voceiro do
Grupo Municipal Socialista
No hay comentarios:
Publicar un comentario