PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 12 de diciembre de 2014

OS SOCIALISTAS RECLAMAN O ARRANXO DEFINITIVO DA REDE DE AUGAS NA RÚA AREAL ANTE AS EVIDENTES DEFICIENCIAS

  • A responsabilidade de Crespo é absoluta ,pois sabe dos problemas nesa rúa e non fixo absolutamente nada” denuncia González Casares
  • Os socialistas lembran que xa dende 2009 avisaron dos problemas actuais por non arranxar a tempo as tuberías.


O PSdeG-PSOE de Lalín reclamou hoxe que se “fagan xa as reparacións definitivas na Rúa Areal para que non se produzan mais cortes de auga nesa zona” e esixen que “se faga xa a substitución da vella canalización por outra nova, pois non se pode seguir coa rede en precario, nin na Rúa Areal nin en outras”.

Os socialistas sinalan que “o tema xa ven de vello e non se fixo nada por solucionar os problemas evidentes dos veciños” e afirman que “o principal responsable do asunto é o propio Crespo pois é perfecto coñecedor das deficiencias e estaba sobre aviso”.

Así o Sº Xeral socialista lalinense Nicolás González Casares lembrou que “no 2009 en reiteradas ocasións , tanto pola Prensa como no Pleno Municipal o Grupo Municipal Socialista reclamou que se arranxara a rede de abastecemento a raíz doutro accidente na rede de augas na Rúa Areal”.

Xa daquela lembran os socialistas que as ex-concelleiras Marta Lázara e Beatriz García reclamaran que “cartos do Plan E se dedicaran ao adecentamento dunha rede tan importante para os cidadáns como é a do servizo de augas”.

Así González Casares afirma que “o alcalde daquela prefireu meter os cartos en Raena, novas piscinas, etc e non dar prioridade a unha rede de abastecemento que usan todos os veciños e agora vemos claramente as consecuencias” e afirma que “é lamentable ver como se levanta a vila para meter o gas polo interese dunha empresa e non se move nada para arranxar o servizo de augas”



NOTA do 2009

OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE A CRESPO QUE SE PLANTEXE XA O ARRANXO DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGAS NA NOSA VILA ANTE AS CONSTANTES AVERÍAS.

  • Lamentan que o alcalde preferira arranxar rotondas cunha empresa de fora no canto de solventar problemas reais.

Os socialistas lalinenses reclamáranlle a Crespo que “xa é hora de arranxar os graves problemas que ten a nosa rede de abastecemento de augas”. Esta reclamación xurde da grave avería na Rúa Areal e ante as chamadas de atención da concesionaria Espina y Delfín. Ademais os socialistas lembran que unha das causas probables apuntadas para a caída da Ponte do Pontiñas fora o mal estado da rede.

Para as edís socialistas Marta Lázara e Beatriz García non ten nome que o alcalde non priorice os cartos que ten a súa disposición para cuestións esenciais como a rede e abastecemento de augas ou a mellora da rede de pluviais “pois tamén estamos vendo como cada vez que chove un pouco en determinadas zonas de Lalín se producen moitos problemas”.

Segundo as concelleiras socialistas “é escandaloso que o alcalde se gaste os cartos do Plan E en rotondas contratando empresas de fora ou facendo un reloxio de sol cando os veciños teñen problemas no abastecemento de auga, parece evidente que este alcalde non coñece a prioridade dos problemas veciñais e vive noutra realidade”.

Marta Lázara Fontao
Beatriz García Iglesias
Concelleiras do Grupo Municipal Socialista de Lalín



No hay comentarios:

Publicar un comentario