-
González Casares esixe ao alcalde “unha inmediata rectificación dunhas declaracións que
avergoñan aos lalinenses”
-
Dende o PSOE lembran que “a Lei é igual para todo o mundo e
se quere cambiala que fale cos seus deputados”.
-
“Non se lle escoita tanta agresividade para os seus
compañeiros de partido que cometen delitos multimillonarios” denuncian os
socialistas
O PSdeG-PSOE de Lalín denunciou hoxe unhas
declaracións do alcalde de Lalín nas que facendo unha apoloxía da xenofobia
reclamaba nunha rede social “penas mais
duras para os extranxeiros que delinquen ou devolvelos inmediatamente ao seu
país”.
Os
socialistas consideran inaceptables ditas declaracións por parte dun
responsable público que en troques de actuar con cautela demostra unha
capacidade incendiaria que avergoña aos seu veciños. O Sº Xeral dos socialistas
lalinenses e o seu candidato as eleccións locais, Nicolás González Casares,
reclamou xa “unha inmediata rectificación e petición de desculpas por parte de
aquel representa aos lalinenses e que non pode dedicar a avergoñar á súa vila”
e sinala que “ademais estudiaremos se son constitutivas de delito”
Para os
socialistas tras estas declaracións “agóchase unha violencia verbal da que
Crespo sempre fai gala, lembramos como hai uns anos ameazou aos socialistas con
escacharnos os dentes, algo impropio dun representante público”.
González
Casares lembra que “a Lei é igual para todo o mundo, sen distinción de
raza,nacionalidade ou cor de pel, algo que debería saber o alcalde se é que
coñece un documento fundamental chamado Constitución” e lamenta “a súa
ignorancia manifesta pois o que reclama é inconstitucional ademais de noxento”.
Por outra banda “se pretende un cambio lexislativo non ten mais que propoñelo
aos seus xefes do partido pois teñen a maioría necesaria para facelo, se se
atreven a plantexalo”
Por outra
banda os socialistas lémbranlle ao alcalde que “non se pode expulsar ao seu
país a quen reside dun modo legal en España, se son delincuentes que paguen as
súas penas como calquera” e lamenta que Crespo non reaccione do mesmo xeito
“cando os Bárcenas,Rato, ou o seu amigo e ex-compañeiro Pablo Crespo e outros
destacados dirixentes do PP levan millóns de euros de todos os cidadáns”.
Finalmente
lémbranlle a Crespo os socialistas que “se fai unha campaña para censar
extranxeiros co único fin de manter os 20 mil habitantes ,resulta vergoñento
que agora tras cumprir o seu obxectivo so pretenda botalos” e segundo afirma
González Casares “son coñecedor de que nalgunha ocasión cando estaba buscando
habitantes debaixo das pedras afirmou con sorna que ´os rumanos tamén enchen´na
súa campaña curtoprazista para manter o censo”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario