- “Román Rodríguez e Crespo teñen unha nula credibilidade cando falan deste tema” sinala González Casares.
- “Que leven a cabo o que se acordou no Pleno Municipal por unanimidade e se deixen de propaganda barata” sinalan dende o PsdeG-PSOE local.
Os
scialistas lalinenses manifestaron hoxe “a nosa incredulidade e a
de todos os lalinenses cando dende o PP se afirma que a conxelación
da peaxe da AP-53 é un paso para a rebaixa,pois saben que se trata
dun engano”. “A peaxe conxélase porque manda o IPC e está no
contrato,no 2010 sucedeu o mesmo e non dixeron que se trataba dun
avance na rebaixa”.
Gonzále
Casares reclámalle ao PP “que o único anuncio sobre a peaxe da
AP-53 que se espera é a súa rebaixa ou eliminación e Crespo e
Román Rodríguez a día de hoxe teñen credibilidade cero neste
asunto mentras non se faga”. Así os socialistas lembran como tanto
Feijóo como Crespo anunciaron reiteradamente en múltiples campañas
electorais que se rebaixaría a peaxe e “non son nin capaces de que
o seu partido acepte que se transfira a autopista á Xunta de Galicia
como paso necesario para a rebaixa”.
Así
dende o PsdeG-PSOE local lembran que “non hai moito acordouse unha
moción por unanimidade que parteu dos grupo da oposición ,onde se
esixía á rebaixa e a transferencia da AP-53 á Xunta de Galicia”
e lamenta que “os popuñares din unha cousa en Lalín e fan outra
distinta en Santiago”.
Finalmente
González Casares afirma “que na rebaixa da peaxe e nos seus
anuncios como o CAR que xa o anunciou unhas 5 veces, Román Rodríguez
falla mais que unha escopeta de feira polo que mellor se absteña de
facer de pitoniso e se dedique a traballar e non á propaganda
barata”
No hay comentarios:
Publicar un comentario