-
O alcalde de
Lalín segue calado “ante as derivadas da Operación Zeta en Lalín e abandona aos
traballadores lalinenses”.
-
Os
socialistas lembran que a trama corrupta “estafou aos traballadores adheridos
ao programa de emrego.
González Casares denunciou hoxe que
“tras asistir ao Pleno de onte e ver como Crespo non contestou ao caso cando se
lle falaba do tema Empregatex e so repondeu que o Concello non tiña
competencias en emprego, queda claro que o alcalde lalinense quere pasar
desapercibido ante a estafa a decenas de persoas de Lalín”.
Os socialistas lembran que “Crespo foi
cómplice necesario do fraude e pese a non ter atribucións sobre emprego como
afirma, ben que apareceu en actos dicindo aos traballadores e traballadoras do
textil afectados pola crise que o Concello os estaba axudando a buscar un
traballo e presentar o progarma da man de altos cargos da Xunta que hoxe en día
están encausados pola Xustiza”.
O candidato socialista á Alcaldía lamentou “o
cinismo do alcalde pois é sabedor que unha das accións mais ruíns levadas a
cabo pola trama corrupta da Operación Zeta que encabezaba o empresario Gerardo
Crespo,destacado militante do PP, foi a levada a cabo en Lalín,pois segundo
aparece no sumario quedábanse cos cartos da promoción de emprego dos
traballadores”.
Os socialistas lembran que “o cabecilla da
trama recibía cartos por cada suposta colocación de persoal ,polo que creou
unhas empresas tapadeiras que contrataban por uns días aos traballadores ,
cobraban a subvención da Xunta e logo botaban á xente á rúa”
González Casares esixe que “o alcalde conte o
que sabe do fraude e se non está implicado no mesmo que explique con luz e
taquígrafos cantos son os lalinenses que foron estafados , que pida desculpas e
que aclare cales son os controis que fai o Concello de Lalín para que non se
volvan producir estas actuacións”
No hay comentarios:
Publicar un comentario