PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 15 de diciembre de 2014

O PSOE DE LALÍN CONGRATÚLASE DA APERTURA DO MUSEO DA MARIONETA DESPOIS DE 4 ANOS PECHADO


  • O ben feito ben está e esperemos que perdure por moitos anos pois son un referente cultural” afirma González Casares.
  • Lembran que “a colaboración de moitos fixo posible que Liñares acolla hoxe o Museo Galego da Marioneta”.

Os socialistas lalinenses congrátulanse hoxe e queren felicitar a todos os que participaron no proxecto pero dun xeito especial a Viravolta pola reapertura do Museo Galego da Marioneta no seu novo espazo no Pazo de Liñares.

Para os socialistas este proxecto “sempre foi un dos referentes imprescindibles para dotar dunha vitalidade cultural a nosa vila ademais de todo o seu contido educativo e de animación social, Lalín ten que protexer este ben”.

O Sº Xeral dos socialistas lalinenses quixo felicitar a toda a xente que fixo que Lalín teña de novo este museo e asegura “que hoxe títeres e marionetas terán un sorriso nas súas facianas e o mesmo Barriga Verde segro que se achega a Liñares neste día”. Ademais o socialista lalinense afirma que “o ben feito ,ben está e esperemos que perdure por moitos anos coa dignificación que supón o espazo actual”.

Para os socialistas a posibilidade de que o Museo se reabra en Liñares forma parte da colaboración de múltiples institucións de diferente cor e do acordo dos diferentes grupos políticos polo que “debemos felicitarnos pois cando facemos as cousas xuntos saen ben”



No hay comentarios:

Publicar un comentario