PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 7 de diciembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN RECLAMA O ARRANXO DA PISTA QUE VAI POR PARDESOA ,PORCALLOS E SANTÓN



-         “Alegrámonos que as nosas contastes reclamacións activaran por fin o asfaltado do aparcamento do Lalín Arena” sinala González Casares.


 Os socialistas lalinenses reclamaron hoxe que se arranxe o mal estado da pista que vindo de Maceira chega ata Santón xa en Goiás e que pasa por Pardesoa e os Porcallos polo mal estado do firme que presenta.


 O socialista lalinense Nicolás González Casares afirma que “o peor estado dase no entorno do lugar de Porcallos pois a presencia de baches e dun firme absolutamente irregular é constante” e ironiza sinalando que “agora que a Crespo se lle dou por sair a pasear do seu despacho cargado de zahorra a ver se presta atención a multiude de viais que mostran un estado deplorable”.


 Por outra banda dende o PsdeG-PSOE local congratúlanse porque “as nosas constantes reclamacións fixeron posible que se procedera ao asfaltado do aparcamento do Lalín Arena para que os usuarios non tiveran que agardar a que chegara un mes antes das eleccións e se puxera en marcha a obra” e afirman que “non foi sen tempo e sen reclamacións políticas e veciñais”

No hay comentarios:

Publicar un comentario