PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 4 de diciembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN PIDE EXPLICACIÓNS POLA TALA DUNHA ÁRBORE NO ENTORNO DO VELLO CONCELLO




-         “Quen necesita a Fenosa tendo a Crespo” ironiza o edil socialista Nicolás González Casares.


 O PSdeG-PSOE de Lalín pideu onte explicacións ante a tala dun loureiro real que estaba  situado na zona dianteira do vello Concello de Lalín hoxe en obras. Os socialistas demandan do Goberno Local “coñecer se esa tala era imprescindible pois tratábase dun exemplar xa de varias décadas de idade”.


 O Sº Xeral dos socialistas lalinenses considera que “hai que dar explicacións e saber se as obas xustificaban dalgún xeito esa tala e se non había a posibilidade de transplantalo a outra ubicación se tanto mal lle facía aos que decidiron eliminalo” e afirma que sería bo coñecer “como se fai un proxecto de nova Biblioteca incompatible coa natureza xa presente?, como non son capaces de armonizar letras e follas?”.

 Os socialistas lamentan novamente a escasa sensibilidade para estes asuntos do Goberno Local que o mesmo talan no Paseo do Pontiñas como fai pouco mais dun ano ou non se opoñen a empresas que queren rematar co patrimonio natural lalinense. O socialista lalinense ironizaba finalmente preguntándose “quen quere a Fenosa tendo a Crespo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario