-
“Curtaron o tráfico no principio da Avda de
Buenos Aires e A Molinera e sementaron o caos na Principal sen control e sen
sinalización” denuncia González Casares
-
Cristóbal Fernández lembra que “as rúas
deben quedar en perfecto estado e non se cumpre nin de lonxe”.
Os socialistas lalinenses volveron
denunciar hoxe a pésima xestión das obras de canalización do gas natural no
casco urbano de Lalín que está dificulando a vida dos lalinenses en moitos caso
pola nula previsión e desidia do Goberno de Crespo.
O socialistas González Casares afirmou que “no
cruce do remate da Principal ,no que cruza coa Molinera e se inicia a Avda de
Buenos Aires fíxose palpable ese caos que alimenta o Goberno Local coa súa
inoperancia” e sinala que “en hora punta e con varias máquinas traballando na
zona a Principal estaba colapsada e non había ningunha patrulla da Policía
Local nin regulando o tráfico nin alertando aos conductores”.
Dende o PSdeG-PSOE local estiman que “so con
alertar na Fonte dos Cabalos que a rúa tiña obras ao seu fin os conductores non
caerían na emboscada pois unha vez que entras na rúa non hai posibilidade de
escapar dela ata chegar ao fin da mesma e dar coas obras” e cualifican como “o
conto de nunca rematar os fallos de control do Goberno Local nestas obras”
Por outra banda os socialistas fanse eco do
mal estado no que están quedando moitas rúas tras as obras , que non son nin
limpadas nin recuperadas como é debido e afirman que “recibimos queixas de
veciños de todas as rúas polo pésimo estado no que rematan”.
Ademais o edil socialista Cristóbal Fernández
afirma qe “facendo gala da nula transparencia habitual no Goberno Local aínda
se descolñece cal foi o aval depositado pola empresa concesionaria do gas ,pois
se non repara axeitadamente as obras esperemos que haxa suficiente liquidez en
forma de aval para poder devolvelas ao estado que tiñan prevoamente”
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario