PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 15 de diciembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ESIXE QUE GAS NATURAL COMPARTA GASTOS NO ARRANXO DAS RÚAS MOLINERA E LAXEIRO


Non pode ser que cos cartos de todos se arregle a desfeita causada por Gas Natural” sinalan os socialistas.
  • Continuamos sen coñecer a cuantía total do aval para reponder das obras” lembra González Aller

Os socialistas lalinenses pola man do seu voceiro municipal Manuel González Aller demandan que se obrigue á empresa que está introudcindo unha nova canalización de gas polas rúas de Lalín a compartir gastos co Concello no arranxo de rúas que eles mesmos desfán.

Así os socialistas citan ocaso paradigmático da Rúa Molinera actualmente levantada ,para a cal o Concello licitou nun paquete con outras rúas un adecentamento do firme por 178 mil euros. Segundo González Aller “non pode ser que Gas Natural desfaga aínda mais a Molinera e que os gastos de volver deixar as cousas como estaban antes da canalización correspondan aos cidadáns de Lalín”.

Para o voceiro socialista “semella que algún traballa mais para as eléctricas que para a vila de Lalín pois non se entende que deixe pasar a oportunidade de que Gas Natural se faga cargo tamén de renovar as rúas que as obras destrozaron”. “Se un cidadán ou un comerciante fai a centésima parte da desfeita que están levando a cabo as obras do Gas de seguro que tería unha multa, como son poderosos mesmo lles perdoamos o que é a súa obriga”.

Finalmente dende o PSdeG-PSOE local lembran que “continuamos sen coñecer a cuantía total do avla que a concesionaria do gas ten que depositar para garantir que as obras realizadas volven deixar as rúas de lalín en perfectas condicións”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario