PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 7 de diciembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN DENUNCIA “UN NOXENTO USO DAS ENTREGAS DE AXUDAS ÁS FAMILIAS NECESITADAS”



-        O socialista Nicolás González Casares denuncia “que entregaron ás axudas de material escolar nun acto e de xeito nominal”.
-        Dende o PSdeG-PSOE afirman sentir “vergoña de que se utilicen as necesidades da xente por parte de Crespo,Paz Pérez e Lamas”.
-         Os socialistas afirman que “dende o Concello non publicitaron o acto pola forte confrontación que se produxo cos pais nesa entrega”.

 Os socialistas lalinenses denunciaron hoxe que o PP fixo un uso “lamentable e propio dun réxime populista das entregas dos vales de axudas de material escolar ás familias de Lalín que por necesidade tiveron que solicitalas” e sinalan que “esas axudas son imprescindibles o que non se pode facer é aproveitar os problemas da xente para sacar proveito político”.

 Dende o PsdeG-PSOE local o seu candidato Nicolás González Casares afirma ter queixas “dende hai mais dun mes ,de nais e pais que se sentiron humillados polo Concello e que ademais non solventaron os seus problemas” e así o socialista afirma que “dirixíronse a nos pero estivemos recabando información pois non acreditabamos no uso miserable que estasban facendo da entrega das axudas”. Así o socialista afirma que o pasado 30 de novembro se fixo entrega “dos vales de axudas nas dependencias municipais pero fraccionaron á xente en dous grupos para a entrega” e adenuncia que “mentras afirman mirar polo anonimato das persoas que precisan axuda, xuntanos a todos para que ninguén protexa os datos das familias alí presentes e que non teñen mais remedio que acudir”

 “Que se entreguen vales de axuda para material escolar nun acto por parte do alcalde, a edil de Servixos Sociais e o Presidente dos Empresarios demostra a calaña da xente que nos goberna en Lalín que troca solidariedade por caridade “ sinala González Casares quen lembra que “estes métodos ruíns contrastan con administración serias que o que fan é entregar de xeito anónimo esas axudas sen provocar nin vergoña nin servilismo naqueles que polas desgraciadas circuntsancias nas que nos se atopan nesta crise precisan estas axudas”.

 Os socialistas reclaman que estas axudas de marcado cariz social se entreguen dun xeito “anónimo e dándolle á xente o que lle corresponde,sen montar actos que poidan avergoñar aos receptores”.

 Por outra banda os socialistas fanse ecos das queixas de beneficiarios que salientaban que “ entregan as axudas cando temos os libros comprados e as librerias xa non aceptan os nosos vales, se de verdade queren axudarnos e non crear problemas ,por qué non resolven as axudas con antelación”. Así dende o PSOE local afirman que moitos asistentes reclamaron”unha solución para poder aproveitas as súas axudas pois non poden canxealas en librerías por ter comprado xa os libros e non poden comprar outro tipo de material escolar comoa roupa deportiva necesaria en moitos casos”.

 Finalmente González Casares afirma que “o uso das axudas sociais que fai este goberno, a desidia na antención real dos porblemas da xente e a priorización en cemento antes que na xente debera pesar nas conciencias daqueles que so buscan perpetuarse e aproveitarse de cidadáns necesitados”

No hay comentarios:

Publicar un comentario