PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 16 de diciembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ADVIRTE DAS INTENCIÓNS DE DESMANTELAMENTO SANITARIO QUE O PP XA APLICA EN LALÍN

  • É un escándalo que a conselleira de Sanidade diga que se amortizan prazas no interior e se levan para as cidades” denuncia Nicolás González Casares.
  • Os socialistas afirman que “hai varias prazas sen cubrir, non se cubren as baixas e unha praza de Pediatra está medio amortizada”.
  • Con esta conselleira é mellor que Crespo se esqueza de facer campañas de empadronamento pois traballa en contra”.

Os socialistas saíron ao paso das declaracións da Conselleira de Sanidade que onte mesmo aseguraba nos medios que as prazas de médicos que se destrúen no interior se levan para as cidades. “Estas declaracións da conselleira son unha declaración en toda regra contra a Galicia rural,o PP urbano ensina a patiña e deixa claras as súas intencións: demantelar a Sanidade onde non é rendible e logo privatizala para que outros obteñan beneficios”.

Para o socialista González Casares “é un escándalo que a conselleira diga esta barbaridade e dende o PP de Lalín e doutras partes do rural galego queden calados, é unha defachatez e un desprezo aos cidadáns que mantemos poboación no rural”. Así os socialistas afirman que “sen Sanidade e coa rebaixa de prazas nos colexios e o peche de unidades escolares no rural parece que queren contribuir a que vilas como Lalín perdan poboación como xa apuntan as previsións estatísticas”.

Así dende o PSdeG-PSOE local denuncian que “as palabras da conselleira xa son de efecto palpable en Lalín onde nos últimos tempos non se cubren as baixas de longa duración tanto de médicos como de enfermeiras, hai 2 prazas de médico vacantes a día de hoxe e hai xubilacións moi próximas “ e lembran ademais que “reduciron a atención de Pediatría pois un das prazas está vacante e so se cubre 2 días á semana”.

González Casares sinala que “esta situación lonxe de mellorar pode empeorar cando se resolva nos vindeiros meses o consurso de traslados en marcha, pois probablemente van quedar novas vacantes principalmente de enfermeiras” polo que advirte que “en lugar de reforzar a Sanidade en Lalín o PP está contribuíndo a que o servizo efectivo sexa o mínimo posible”.

O líder dos socialistas lalinenses reclama a Crespo “que se pronuncie e poña firme á comselleira pois lonxe de cumprir con Lalín fomenta o seu depoboamento coa redución de servizos” e lémbralle que “de pouco valen políticas puntuais como as campañas de empadronamento cando dende a Xunta de Galicia toman decisións que deixarán o rural deserto”.

Por último lembra que o persoal sanitario de Atención Primaria ten que ser necesariamente mais numeroso no rural en termos relativos pois “as visitas domiciliarias levan mais tempo de desprazamento e os pacientes son de idades mais avanzadas polo que son mais demandantes”


No hay comentarios:

Publicar un comentario