PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 2 de diciembre de 2014

GONZÁLEZ CASARES RECLAMA NOVAMENTE A PAVIMENTACIÓN DO PARKING DA PISCINA DO LALÍN ARENA



-        Lembran que se anunciou a obra hai un ano, hai 6 meses e hai un mes.
-         Aconsellan “non deixalo todo para antes das eleccións pois cando chove é agora”.

 O candiato socialista á alc
aldía de Lalín, Nicolás González Casares, lamentou hoxe que a zona de aparcamento que está diante da piscina do Lalín Arena siga sendo “un campo de area e lama, onde cando chove tes un risco elevado de deixar o coche”.

 Dende o PSdeG-PSOE local afirman que a situación deste aparcamento é unha mostra mais da inoperancia do Goberno Local que non son que de sacar adiante unha obra que “non ten ningunha dificultade técnica”.

 Así González Casares lembra que no pasado mes de outubro reclamou que se botara firme ante as queixas de usuarios que tiveron moitas dficultades para sacar os seus coches da lameira creada e dende o Concello de Lalín recibeu a resposta de que“ el proceso administrativo de las obras lleva unos plazos y unos trámites que hay que cumplir, y de ahí que se produzca cierta demora a la hora de acometer esta actuación en el multiusos” http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/10/11/bodano-anuncia-breve-adjudicara-obra/1109747.html.

 Pois así tras 50 días dese último anuncio e logo de anuncios previos hai un ano e hai 6 meses o candidato socialista “lamentou a inoperancia dalgún, semella que os anos pasan e custa mais sacar as cousas adiante,é unha proba da savia nova que necesita a xestión municipal”.

 Por outra banda ironizan con que o PP caia na tentación do electoralismo e deixe a obra para o final do mandato obviando as necesidades dos ususarios e sabendo que cando fai falta a pavimentación “é agora que chove e non para o verán”

No hay comentarios:

Publicar un comentario